Enzo Francescoli

futbolista uruguaio

Enzo Francescoli Uriarte, nado o 12 de novembro de 1961 en Montevideo é un ex xogador profesional de fútbol uruguaio alcumado El Príncipe. Considerado un dos mellores futbolistas suramericanos dos anos 1980 e 1990. Así como o mellor futbolista uruguaio desa época, ademais é o único uruguaio "FIFA 100". Ocupa o 24º lugar na clasificación do Mellor xogador suramericano do século publicada por IFFHS en 2004.

Enzo Francescoli
Información persoal
Nome Enzo Francescoli Uriarte
Nacemento 12 de novembro de 1961 (62 anos)
Lugar de nacemento Montevideo
Altura 1,81 metros
Posición Medio ofensivo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1980–1982 Wanderers 74 (20)
1983–1986 River Plate 113 (68)
1986–1989 Racing Club Paris 89 (32)
1989–1990 Olympique Marseille 26 (11)
1990–1993 Cagliari 98 (17)
1993–1994 Torino 24 (3)
1994–1997 River Plate 84 (47)
Selección nacional
1982–1997 Uruguai 72 (15)
Na rede
IMDB: nm2103242 FIFA: 189880 UEFA: 5429 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Declarouse dende sempre simpatizante de Peñarol, pero formouse e debutou en primeira división co Montevideo Wanderers en 1980 da man do Director Técnico Angel "Bebe" Castelnoble. En 1983 foi comprado por River Plate da Liga arxentina de fútbol e debutou o 24 de abril contra Huracán de Buenos Aires, cun triunfo 1-0. Pouco antes de cruzar alén do río da Prata, un xogador uruguaio, que xogou en River Plate tempo antes que o seu compatriota, afirmou así: "River non necesita a Francescoli porque neste club hai bos xogadores". Co correr de tempo, demostrou que estaba equivocado aquel paisano de Francescoli. Esa primeira etapa foi mala para Francescoli, pois non rendía como na Selección uruguaia. Pero, logo con pouco de paciencia e perseveranza adaptouse ao seu novo club e melloraba o seu nivel de xogo até gañar a simpatía da inchada riverplatense.

É un dos poucos xogadores que no fútbol arxentino foi respectado por todas as inchadas, levaba ben cos seus compañeiros e por sobre todas as cousas, era un cabaleiro. É considerado como o uruguaio moi exitoso de River Plate xunto ao seu compatriota, Walter Gómez, quen xogou nos anos 50. O campionato arxentino 1985-86 foi no que deu a primeira volta olímpica sendo a figura e o goleador do torneo con 25 tantos, 6 máis que o seu seguidor máis próximo.

En 1986 non puido xogar a Copa Liberadores de América, que logo sería gañada fronte ao América de Cali, xa que foi vendido a Francia, onde xogou no Racing Matra e no Olympique de Marsella e foi declarado o Mellor xogador estranxeiro da Ligue 1, en 1990. Logo xogou na Serie A de Italia, no Cagliari e o Torino. Un dos seus admiradores máis coñecidos, mentres Francescoli xogaba para o Olympique, foi Zinedine Zidane, quen logo chamaría Enzo a un dos seus fillos en homenaxe a Francescoli.

Regresou a River Plate o 7 de setembro de 1994 nun partido contra Nacional de Montevideo, pola Supercopa, no que River empatou 2-2 cun gol seu. Ese mesmo ano, logrou o Torneo Apertura de maneira invicta coa condución técnica de Américo Gallego, sendo máximo goleador do Torneo con 12 tantos en 16 partidos. En 1996 gañou a Copa Liberadores de América vencendo na final a América de Cali de Colombia por 2-0. Foi o estranxeiro que anotou máis goles por River Plate. En 1998 decidiu retirarse do fútbol profesional. Celebrou a súa despedida nun partido xogado na cancha de River Plate fronte a Peñarol. Foi elixido o Mellor Xogador de América en 1984 e integra a lista FIFA 100. Francescoli, anotou 198 goles en 510 partidos oficiais de Primeira División, incluíndo copas nacionais, copas internacionais e selección nacional ha totalizado 242 goles: 20 en Wanderers, 137 en River Plate, 32 en Racing Matra, 17 en Olympique de Marsella, 16 en Cagliari, 5 en Torino e 15 na Selección Uruguaia. Actualmente[cando?] é o vicepresidente das empresas Tenfield e Gol TV, de Francisco Casal.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar