Arde París?

filme de 1966 dirixido por René Clément

Arde París? (en francés: Paris brûle-t-il?) é un filme franco-estadounidense de 1966 dirixido por René Clément e cun guión de Gore Vidal, Francis Ford Coppola, Jean Aurenche, Pierre Bost e Claude Brulé. A historia conta a liberación de París en agosto de 1944 por parte da Resistencia francesa e das forzas da Francia Libre durante a segunda guerra mundial. A historia é unha adaptación do libro Is Paris Burning? de Larry Collins e Dominique Lapierre. O filme conta cun elenco internacional composto por actores franceses (Jean-Paul Belmondo, Alain Delon, Bruno Cremer, Pierre Vaneck, Jean-Pierre Cassel, Leslie Caron, Charles Boyer, Yves Montand), estadounidenses (Orson Welles, Kirk Douglas, Glenn Ford, Robert Stack, Anthony Perkins, George Chakiris), e alemáns (Gert Fröbe, Hannes Messemer, Ernst Fritz Fürbringer, Harry Meyen).

Arde París?
Ficha técnica
Título orixinalParis brûle-t-il ?
DirectorRené Clément
ProdutorPaul Graetz
GuiónGore Vidal
Francis Ford Coppola
Jean Aurenche
Pierre Bost
Claude Brulé
Baseado enIs Paris Burning de Larry Collins
Dominique Lapierre
MúsicaMaurice Jarre
FotografíaMarcel Grignon
MontaxeRobert Lawrence
EstudioMarianne Productions
Transcontinental Films
DistribuidoraParamount Pictures
EstreaFrancia 26 de outubro de 1966
Galicia 2 de setembro de 1995 (TVG)
Duración173 minutos
Orixe Francia
Estados Unidos de América Estados Unidos
XéneroÉpico e bélico
Recadación37,1 millóns de dólares[1]
Na rede
IMDB: tt0060814 Filmaffinity: 845166 Allocine: 2801 Rottentomatoes: m/is_paris_burning Allmovie: v25423 TCM: 79428 Netlix: 60010501Editar o valor em Wikidata

Estreouse en galego o 2 de setembro de 1995 a través da TVG.[2]

Sinopse editar

Pouco despois do fracaso do complto do 20 de xullo para asasinalo en 1944, Adolf Hitler, nomea o Xeneral de Infantaría Dietrich von Choltitz como gobernador militar do París ocupado. Hitler cre que Choltitz obedecerá a súa orde de non permitir que os aliados capturen a cidade sen que os alemáns a destrúan completamente, de xeito semellante á destrución planeada de Varsovia.

A resistencia francesa descobre que os aliados non planean tomar París, senón que se dirixen directamente a Alemaña. Os dous bandos da restistencia reaccionan de forma diferente: os gaullistas de Jacques Chaban-Delmas queren esperar a ver, mentres que os comunistas do coronel Rol-Tanguy queren poñerse en acción.

Personaxes editar

Resistencia francesa
Forzas aliadas
Ocupación alemá
Neutrais

Notas editar

  1. JPBox-Office (ed.). "Paris brûle-t-il ? (1966)". 
  2. La Voz de Galicia, 2 de setembro de 1995. Páx. 29

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar