Arca da Piosa

dolmen na provincia da Coruña

A Arca da Piosa é un dolmen situado no límite das parroquias de Muíño, no concello de Zas, e Baíñas, no concello de Vimianzo. Foi estudado en 1933 polo arqueólogo alemán Georg Leisner e atópase en bo estado de conservación.

Arca da Piosa
Ben de Interese Cultural
Arca da Piosa. Vista desde o sur
Localización
PaísGaliza Galiza
ConcelloZas
Coordenadas43°03′14″N 8°58′55″O / 43.05381, -8.98184Coordenadas: 43°03′14″N 8°58′55″O / 43.05381, -8.98184
Datos xerais
CategoríaMonumento
ConstruciónPrehistoria - megalitismo
Mapa de localización
Arca da Piosa en Galicia
Arca da Piosa
Arca da Piosa
Vista da cámara desde o noroeste.

Está situado preto dos dolmens de Pedra Moura de Monte Carneo, Pedra da Lebre e Pedra Cuberta. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 2011.[1]

Descrición editar

A cámara é poligonal, con 3,20 metros de lonxitude e consiste en catro esteos e unha tampa; o corredor está orientado cara ao leste, é curto (1 m) e consiste en tres esteos cubertos por unha laxe partida en tres que, á súa vez, está cuberta por outra maior; esta tampa está a menor altura que a que cobre a cámara.

A lonxitude total do dolmen é de 8 m, e a mámoa é moi visible. As lousas coas que se construíu son de grandes dimensións, especialmente as tampas.

Notas editar

  1. Xunta de Galicia (13 de decembro de 2016). "Bens de Interese Cultural (BIC)". abert@s. Arquivado dende o orixinal (csv) o 26 de marzo de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar