Dolmen de Pedra Moura de Monte Carneo

dolmen en Treos, Vimianzo

O dolmen de Pedra Moura de Monte Carneo atópase entre as aldeas do Arxomil e Carnio, na parroquia de Treos, concello de Vimianzo.

Dolmen de Pedra Moura de Monte Carneo
Ben de Interese Cultural
Dolmen de Pedra Moura
Localización
PaísGaliza Galiza
ConcelloVimianzo
ParroquiaTreos
LocalidadeCarnio
Coordenadas43°04′53″N 8°58′40″O / 43.08133333, -8.977833333Coordenadas: 43°04′53″N 8°58′40″O / 43.08133333, -8.977833333
Datos xerais
CategoríaMonumento
ConstruciónPrehistoria -
EstiloMegalitismo
Mapa de localización
Dolmen de Pedra Moura de Monte Carneo en Galicia
Dolmen de Pedra Moura de Monte Carneo
Dolmen de Pedra Moura de Monte Carneo

Descrición editar

Veciña a Pedra Cuberta mais de menores dimensións, ten cámara poligonal con seis esteos e corredor curto do que conserva catro esteos. Fáltalle a tampa da entrada, aínda que conserva desprazadas as da cámara sepulcral. Unha delas está caída no interior.

O dolmen está inserido nunha mámoa bastante aplanada da que pouco se aprecia, só chega ao metro de altura. Conserva pinturas de cor vermella e negra sobre fondo branco. Nunca houbo unha escavación arqueolóxica nesta anta, xa coñecida, recollida e deseñada polos Leisner. Conta Ramón Boga que en 1989 a parcela da Pedra Moura pasou de monte baixo a herbal. Os traballos de conversión estragaron a coiraza do túmulo. Con este movemento de terras as pedras desprazáronse e tamén fixeron que se descubrira no corredor un fragmento de cerámica campaniforme conservado hoxe no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón.

Foi declarado Ben de Interese Cultural en 2011[1].

Notas editar

  1. "DOG Núm. 70. Venres, 08 de abril de 2011. Páx. 6.356". Diario Oficial de Galicia. Consultado o 2016-08-16. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar