Antonio Camacho Benítez

militar español

Antonio Camacho Benítez, nado en Málaga o 24 de maio de 1892 e finado en México en 1974 foi un militar español que loitou na Guerra civil española en defensa da II República Española, encadrado nas Forzas Aéreas da República Española (FARE).

Infotaula de personaAntonio Camacho Benítez
Biografía
Nacemento24 de maio de 1892 Editar o valor em Wikidata
Málaga, España Editar o valor em Wikidata
Morte1974 Editar o valor em Wikidata (81/82 anos)
México Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeSegunda República Española Editar o valor em Wikidata
Rama militarForza Aérea da República Española Editar o valor em Wikidata
Rango militartenente coronel Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Camacho Berítez procedía da Arma de intendencia cando asistiu a un curso de piloto no aeródromo de Cuatro Vientos e licenciouse na Arma de aviación. Realizou servizos durante a Guerra do Rif, con saídas para abastecer posicións, ametrallamento de columnas inimigas, voos de recoñecemento, etc.[1] En outubro de 1924, durante unha misión o seu avión foi derrubado e resultou ferido, pero durante semanas mantivo a defensa da súa posición, o que lle valeu a concesión dunha Medalla Militar Individual e o ascenso a comandante por méritos bélicos.[1] En 1927, nos últimos anos do reinado de Afonso XIII, foi ascendido a Tenente coronel e nomeado Gentilhombre de Cámara con ejercicio, en recoñecemento á súa actividade nas campañas africanas; até ese ano permanecera en Marrocos realizando servizos.[1]

Despois da proclamación da II República en 1931, cinco anos despois ocupou o mando da Base Aérea de Xetafe e da 1ª Escuada Aérea. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo, que desembocou na Guerra civil, conseguiu que tanto a base como a unidade aérea mantivesen leais ao goberno.[2] Durante a guerra ocupou importantes cargos militares, sendo nomeado subsecretario en 1936, de Aire durante o ministerio de Indalecio Prieto.[3] [4] Nesta etapa reorganizou profundamente as Forzas Aéreas Republicanas, organizando a defensa aérea da retagarda republicana, etc. [1] Tamén foi xefe do 1. ª Rexión Aérea, [5] con base en Alcalá de Henares, e en 1938 foi nomeado xefe das Forzas Aéreas da zona centro-sur[2], sendo substituído na Subsecretaría polo tenente coronel Carlos Núñez Mazas.[6] [7] Nas últimas semanas da guerra, amosouse partidario do Consello de Defensa Nacional e da negociación da paz con Franco, en lugar de continuar coa resistencia e prolongar o conflito.[2] O 16 de febreiro de 1939, durante unha reunión no Aeródromo de Los Llanos co presidente Negrín e outros militares, dixo que contaba con tres escuadróns de bombardeiros "Natachas", dous escuadróns "Katiuskas" e 25 avións tipo "Chato" ou "Mosca".[8] [9] O fracaso das negociacións levouno a abandonar a España republicana, dirixíndose primeiro a Londres e despois a México, onde morreu en 1974.[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Pilotos republicanos en México - Antonio Camacho Benítez". Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2015. Consultado o 10 de marzo de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Memoria - República - Personajes - Militares 1". www.sbhac.net. Consultado o 2022-08-10. 
  3. Hugh Thomas, La Guerra Civil Española, pág. 733
  4. Ramón Salas Larrazábal, Historia del Ejército Popular de la República, páx. 1084
  5. "Asociación de Aviadores de la República". Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2012. Consultado o 10 de marzo de 2012. 
  6. Hugh Thomas, La Guerra Civil Española, pág. 874
  7. M. Teresa Suero Roca, Militares republicanos de la Guerra de España, pág. 304
  8. Hugh Thomas, La Guerra Civil Española", pág. 957
  9. Ramón Salas Larrazábal, Historia del Ejército Popular de la República, pp. 3392-3398

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar