Anthony de Francisci

medallista, deseñador de moedas e escultor estadounidense

Anthony de Francisci (chamado orixinalmente Antonio), nado en Palermo, Sicilia, o 13 de xullo de 1887 e finado en Nova York o 20 de agosto de 1964, foi un medallista, deseñador de moedas e escultor italo-estadounidense, coñecido principalmente por ser o creador da moeda dun dólar Peace, cuñada por primeira vez en 1921.

Infotaula de personaAnthony de Francisci

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de xullo de 1887 Editar o valor em Wikidata
Palermo, Italia Editar o valor em Wikidata
Morte20 de outubro de 1964 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Manhattan, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSaint Raymonds Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesFrancisci, Anthony de Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónArt Students League of New York (pt) Traducir
Cooper Union (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Nova York Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescultor , medallista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1907 Editar o valor em Wikidata - 1964 Editar o valor em Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeTeresa de Francisci

Find a Grave: 139042726 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos e formación editar

Antonio de Francisci naceu o 13 de xullo de 1887, fillo de Maria Liberante e de Benedetto de Francisci, a quen axudou desde neno no seu labor como cortador de mármore. Xunto coa súa familia, emigrou desde a súa Sicilia natal aos Estados Unidos na súa xuventude, en 1905. En 1913 acadou a naturalización como estadounidense e nese momento cambiou o seu nome a Anthony.[1][2]

Asentado en Nova York, cursou estudos artísticos na Cooper Union, en Manhattan, e posteriormente na Art Students League, onde desenvolveu o seu talento como artista e perfeccionou as súas habilidades como escultor, modelista e gravador. Durante toda esta etapa formativa, De Francisci contou entre os seus profesores a escultores como MacNeil, Weinman, e Fraser, cos que colaborou como axudante, eminentes medallistas e deseñadores dalgunhas das moedas estadounidenses máis populares do momento. Estes artistas tiñan contacto estreito coa Casa da Moeda dos Estados Unidos, o cal puido servir para facilitar o futuro profesional de De Francisci como deseñador de moedas.[1][2]

A súa admiración por Adolph A. Weiman viuse reflectida nunha das primeiras creacións de De Francisci, unha placa co retrato do seu mestre, realizada en 1915.[1]

Carreira artística editar

 
Anthony de Francisci no seu estudio de Nova York.[3]

Logo de concluír a súa formación, en 1915 foi contratado como instrutor pola Universidade Columbia, posto que ocupou durante un tempo, e en 1917 abriu o seu propio estudio-taller de arte e escultura, na mesma cidade de Nova York. En 1920, a Casa da Moeda comezou a encargarlle a conversión en modelos en xeso de deseños para posibles novas moedas, e nese mesmo ano un destes deseños, creado por el, foi escollido para a emisión da moeda de medio dólar conmemorativa do centenario do estado de Maine. Un ano despois, en 1921, creou o dólar Peace, co que acadou sona internacional. Estas dúas foron as únicas moedas deseñadas por De Francisci.[1][2]

Consagrado xa como artista, as súas creacións artísticas centráronse a partir de entón fundamentalmente en medallas, insignias, emblemas e algúns contados casos de estatuas.[1][2][4][5]

De Francisci expuxo periodicamente a súa obra na Academia Nacional de Deseño dos Estados Unidos entre 1912 e 1949.[4]

Vida familiar editar

Anthony estivo casado con Teresa Cafarelli, protagonista dun baixorrelevo que el creou en 1920, que tamén foi modelo do retrato do anverso do dólar Peace.[2] Teresa finou na mesma data que o seu home mais en 1990, cando ela tiña 92 anos.[1][6][7]

Anthony de Francisci faleceu en Manhattan, Nova York, o 20 de agosto de 1964, aos 77 anos.[1][2] Os seus restos repousan no cemiterio vello de Saint Raimond, no Bronx, Nova York.[8]

Recoñecementos editar

Obras editar

Dólar Peace editar

Artigo principal: Dólar Peace.
 
Dólar Peace do primeiro ano de emisión: 1921.[10]

Logo do seu éxito como deseñador da moeda do centenario do estado de Maine, en 1921, a Comisión de Belas Artes dos Estados Unidos invitou a De Francisci e outros sete destacados escultores de Nova York a participar nun concurso no que se escollería o deseño dunha nova moeda dun dólar de prata, en substitución do anterior dólar Morgan. A premisa era que o tema central da moeda fose a paz, en homenaxe á vitoria na primeira guerra mundial, e que o anverso estivese caracterizado por unha cabeza feminina representativa da liberdade. Entre os participantes no concurso estaban tamén os seus amigos e mentores MacNeil e Weinman. Logo de entregadas as propostas dos participantes, o director da Casa da Moeda dos EEUU, Raymond T. Baker, anunciou que o deseño escollido por unanimidade do xurado era o presentado por Anthony de Francisci, e o presidente Harding amosouse satisfeito pola elección. Ademais do prestixio, De Francisci gañou tamén un premio en metálico de 1.500 dólares.[2][11][12]

Dado o apertado do calendario para a produción da moeda, De Francisci non tivo tempo de achar modelos profesionais para recrear a súa representación da Liberdade, polo que lle pediu á súa esposa, Teresa, que servise como modelo para a moeda.[2][11][12] Este novo dólar mantívose en produción ata 1964.[10]

Outros traballos editar

Entre a restante produción artística de Anthony de Francisci pódense salientar as seguintes obras:[4][5]

 
Medalla da Cabalaría de Texas (1925).[13]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Hengeveld, D. (1914). "The Life and Work of Anthony de Francisci Arquivado 20 de xaneiro de 2023 en Wayback Machine.". En CoinUpdate.com. 7 de febreiro.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 "Anthony de Francisci. US Coin Designer and Engraver". Usacoinbook.com
  3. "Anthony de Francisci in his studio". Photograph Study Collection, Smithsonian American Art Museum.
  4. 4,0 4,1 4,2 "de FRANCISCI, Anthony (1887-1964)". Medalartists.com
  5. 5,0 5,1 Obra de Anthony de Francisci no Smithsonian American Art Museum
  6. "Maria Teresa “Mary” Cafarelli DeFrancisci". Finagrave.com
  7. Howe, M. (1990). "Teresa De Francisci, Miss Liberty Model For Coin, Dies at 92". En The New York Times. 21 de outubro.
  8. 8,0 8,1 "Anthony De Francisci". Findagrave.com
  9. "The Saltus Medal Award". American Numismatic Society.
  10. 10,0 10,1 "1 Dollar "Peace Dollar"". Numista.com
  11. 11,0 11,1 Keane, M.; Quinn, B. (2010). "Controversial Coin: The Peace Dollar". En Collectors Weekly. 1 de abril.
  12. 12,0 12,1 Burdette, R. W. (2008). A Guide Book of Peace Dollars. Whitman Publishing, Atlanta. ISBN 978-0-7948-2669-7
  13. "Texas Cavalry Medal". Smithsonian American Art Museum.
  14. "Adolph Alexander Weinman". Smithsonian American Art Museum.
  15. "La Bayadère". Smithsonian American Art Museum.
  16. "½ Dollar Maine Statehood Centennial". Numista.com
  17. "Teresa". Smithsonian American Art Museum.
  18. "United States Army Insignia". Smithsonian American Art Museum.
  19. "Alessandro L. Chiostergi". Smithsonian American Art Museum.
  20. "James Douglas Award for Achievement in Non-ferrous Metallurgy (obverse)". Smithsonian American Art Museum.
  21. "James Douglas Award for Achievement in Non-ferrous Metallurgy (reverse)". Smithsonian American Art Museum.
  22. "American Eagle Pin". Smithsonian American Art Museum.
  23. "Texas Cavalry Medal". Smithsonian American Art Museum.
  24. "Texas Cavalry Medal". Smithsonian American Art Museum.
  25. "Creation 1935". Metropolitan Museum of Art.
  26. "Fiat Vita". Smithsonian American Art Museum.
  27. "Ruptured Duck. Honorable Discharge Lapel Pin". Medalsofamerica.com
  28. "George C. Marshall Medal (obverse)". Smithsonian American Art Museum.
  29. "George C. Marshall Medal (reverse)". Smithsonian American Art Museum.
  30. "General John J. Pershing Medal". Smithsonian American Art Museum.
  31. "Alfred P. Sloan". Smithsonian American Art Museum.
  32. "The New York World's Fair Medal Process Set". En The E-Sylum. Vol. 24. Nº 13. 28 de marzo de 2021.
  33. "A beautiful Lincoln’s Medal". American Numismatic Association.
  34. "Peter Cooper". Yale University art Gallery.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar