Anna Olégivna Muzychuk (en ucraíno: А́нна Оле́гівна Музичу́к, en esloveno: Ana Muzičuk), nada o 28 de febreiro de 1990 en Lviv, é unha gran mestra de xadrez ucraína, tripla campioa do mundo.[1][2]

Infotaula de personaAnna Muzychuk

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(uk) Анна Олегівна Музичук Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de febreiro de 1990 Editar o valor em Wikidata (34 anos)
Lviv, Ucraína Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUcraína Editar o valor em Wikidata
EducaciónLviv State University of Physical Culture (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxadrecista Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua croata, lingua rusa, lingua eslovena, lingua inglesa, lingua alemá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaUcraína (1990–2004)
Eslovenia (2004–2014)
Ucraína (2014–) Editar o valor em Wikidata
Deportexadrez Editar o valor em Wikidata
Título de xadrecistaMestra FIDE (pt) Traducir (2001)
Mestra Internacional Femenina (2002)
Gran Mestra Feminina (2004)
Mestre Internacional (2007)
Grande Mestre de Xadrez (pt) Traducir (2012) Editar o valor em Wikidata
Puntos ELO (màx.)2.606 (2012)<
Identificador FIDE14111330 Editar o valor em Wikidata
Participou en
2018Women's Chess Olympiad 2018 (en) Traducir
2016Women's Chess Olympiad 2016 (en) Traducir
2014Women's Chess Olympiad 2014 (en) Traducir
2012Women's Chess Olympiad 2012 (en) Traducir
2010Women's Chess Olympiad 2010 (en) Traducir
2008Women's Chess Olympiad 2008 (en) Traducir
2006Women's Chess Olympiad 2006 (en) Traducir
2004Women's Chess Olympiad 2004 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsMariya Muzychuk Editar o valor em Wikidata
Premios

De 2004 a 2014 xogou para Eslovenia. É a cuarta muller, despois de Judit Polgár, Humpy Koneru e Hou Yifan, en superar a puntuación Elo de 2600. En xullo de 2012 chegou a alcanzar unha cualificación de 2606. Muzychuk gañou o Campionato Mundial Feminino de Xadrez Rápido en 2016 e o Campionato Mundial Feminino de Xadrez Lóstrego en dúas ocasións (2014 e 2016).

É activista pola igualdade da muller no deporte. En decembro de 2017 negouse a participar no Campionato do Mundo de Xadrez Rápido e Lóstrego en Riad (Arabia Saudita) porque non quería estar «onde as mulleres fosen tratadas como cidadás de segunda».[3][4]

Traxectoria editar

Os pais de Muzychuk, adestradores profesionais de xadrez, ensináronlle a xogar á idade de dous anos. Xogou o seu primeiro torneo con cinco e ese mesmo ano quedou en segundo lugar no campionato de nenas menores de 10 anos do oblast de Lviv.[5]

Entre 1997 e 2005 gañou varias medallas nos campionatos Xuvenís de Ucraína, Europa e o mundo. Gañou o ouro no europeo de nenas Sub-10 en 1998 e 2000, o ucraíno de nenas Sub-10 en 2000, os xuvenís ucraínos e europeos Sub-12 en 2002, o europeo de nenas Sub-14 en 2003 e 2004 e o mundial de nenas Sub-16 en 2005.

Obtivo a prata no europeo de nenas Sub-10 en 1997[6] e 1999, o europeo de nenas Sub-12 en 2001, o mundial de nenas Sub-12 en 2002 e o Mundial de nenas Sub-14 en 2004. Levou o bronce no Mundial de nenas Sub-10 en 2000.

Recibiu os títulos de Mestre Internacional FIDE en 2001 e Mestra Internacional Feminina en 2002.

En 2003 Muzychuk gañou o Campionato Feminino Ucraíno [5] e o ano seguinte venceu no campionato ucraíno Sub-20.

En 2004 a federación de xadrez de Eslovenia ofreceulle un contrato e apoiárona durante o seguintes dez anos. Xogou para o club de Ljubljana e para a selección nacional da Olimpíada de Eslovenia, primeiro en xuvenís e logo en torneos para adultos. Durante eses anos converteuse na xogadora de xadrez máis forte de Eslovenia e a terceira mellor xogadora do mundo.

En 2007 gañou o campionato europeo feminino de xadrez lóstrego e terminou en segundo lugar no campionato europeo feminino de xadrez rápido, ambos celebrados en Predeal (Romanía).[7]

Muzychuk recibiu os títulos de Mestra Internacional Feminina en 2007 e Gran Mestra Feminina en 2012.

En 2010 xogou no Torneo de xadrez Tata Steel dentro do Grupo B. Terminou en décimo lugar cunha puntuación de 5½ / 13 e unha cualificación de 2583. Ese mesmo ano gañou o Mundial Xuvenil Feminino Sub-20 en Chotowa, Polonia.[8][9]

Gañou a medalla de bronce no Campionato Feminino de Xadrez Individual Europeo de 2012. O mesmo ano participou na ACP Golden Classic en Ámsterdam xunto con Vassili Ivanchuk, Gata Kamski, Emil Sutovsky, Lê Quang Liêm, Krishnan Sasikiran e Baadur Jobava. Era un torneo round-robin, cun ritmo de xogo de dúas horas e media para corenta movementos ampliábel con aprazamento.[10] Terminou en cuarto lugar, cunha puntuación de 3/6 e unha cualificación de 2721.[11]

Muzychuk terminou cuarta no torneo Tata Steel Challengers de xaneiro de 2014, en que anotou 8/13 (+ 4 = 8-1).[12] En abril gañou o Mundial Feminino de xadrez lóstrego.[13] En maio regresou á federación de xadrez ucraína.[14] En novembro gañou o campionato feminino de Ucraína de 2014 en Lviv.[15]

En xaneiro de 2016 gañou o primeiro premio feminino no torneo Masters do Tradewise Gibraltar Chess Festival.[16]

En decembro gañou o Mundial Feminino Rapid en Doha (Qatar).[17] Dous días despois defendeu o seu título do Mundial Feminino Blitz.[18]

En outubro de 2017 gañou o Campionato Europeo de Mulleres ACP Rapid en Montecarlo.[19] En novembro negouse a ir ao Mundial que se celebraba en Arabia Saudita polo trato denigrante que reciben as mulleres neste país. Renunciou así a poder revalidar a súa dobre coroa por manter os seus principios.[20][21]

En 2018 empezou a xogar na liga española de xadrez, no Club Solvay de Torrelavega (Cantabria).[22][23]

Competicións por equipos editar

Muzychuk xogou na táboa superior para Eslovenia nas Olimpíadas de Xadrez Feminino de 2004, 2006, 2008, 2010 e 2012. En 2004 derrotou, entre outros, a daquela campioa mundial feminina, Antoaneta Stefanova. En 2006 o equipo esloveno, cabeza de serie número 17, finalizou en décimo lugar.

Na Olimpíada do Xadrez Feminino de 2014 Muzychuk xogou na táboa superior do equipo ucraíno, que obtivo o terceiro lugar detrás de Rusia e a China.[24] No Campionato Feminino Europeo de Xadrez por Equipos de 2015 contribuíu na consecución da medalla de prata para Ucraína. Na Olimpíada de Xadrez Feminina de 2016 o equipo de Ucraína gañou a medalla de prata e Muzychuk tamén gañou a medalla de ouro individual.

Activismo pola igualdade editar

O 11 de novembro de 2017 Muzychuk declarou a través da súa páxina oficial de Facebook a súa intención de non participar na defensa dos seus dous títulos en Arabia Saudita. Alegou como motivos o trato que reciben as mulleres nese país.[25] O 23 de decembro reafirmou a súa posición mencionando que «non desexa xogar baixo as regras de ninguén, non vestir a abaya, tampouco ser escoltada por ninguén cando tivese que saír e non sentirse unha criatura secundaria».[26]

Dixo que non quería estar «onde as mulleres fosen tratadas como cidadás de segunda». «Aínda que a case ninguén lle importase a miña decisión», sinalou que a reivindicación da igualdade no deporte é a mellor vitoria que se pode ter. «Fíxeno, xunto á miña irmá tamén xogadora, para manter os meus principios e non sentirme como unha criatura de segunda categoría».[4]

Vida persoal editar

A súa irmá máis nova, Mariya, foi a Campioa Mundial Feminina de Xadrez de 2015.

Fala sete idiomas: ucraíno, inglés, alemán, croata, ruso, esloveno e español.[22]

Notas editar

  1. Contreras, María (5 de xullo de 2016). "Mariya y Anna, las hermanas que ponen en jaque al rey". El País Semanal (en castelán) (Prisa). Consultado o 11 de novembro de 2022. 
  2. "Grandmaster title application" (PDF). FIDE - International Chess Federation. Consultado o 28 de novembro de 2017. 
  3. Ellis-Petersen, Hannah (27 de decembro de 2017). "Chess champion to miss Saudi Arabia tournament over women's rights". The Guardian (en castelán). Consultado o 11 de novembro de 2022. 
  4. 4,0 4,1 "“Feminismo y dignidad siempre van de la mano”" (en castelán). Consultado o 28 de marzo de 2018. 
  5. 5,0 5,1 "Meet the Muzychuk sisters". ChessBase (en inglés). 4 de novembro de 2014. Consultado o 11 de novembro de 2022. 
  6. "C.to Europeo U10 femminile". FSI - Federazione Scacchistica Italiana. Consultado o 28 de novembro de 2017. 
  7. "Viktorija Cmilyte wins European Women's Rapid Championship". ChessBase (en inglés). 8 de novembro de 2007. Consultado o 11 de novembro de 2022. 
  8. "La elite joven disputa los títulos mundiales en Chotowa". ChessBase (en castelán). 5 de agosto de 2010. Consultado o 12 de novembro de 2010. 
  9. "Los Hermanos Cori en el Campeonato Mundial Sub20 (2010)". Club Ajedrez 64 Villalba (en castelán). 1 de setembro de 2010. Consultado o 12 de novembro de 2010. 
  10. Silver, Albert; L'Ami, Alina (16 de xullo de 2012). "ACP Golden Classic – Tournament for the nostalgic". ChessBase (en inglés). Consultado o 12 de novembro de 2022. 
  11. "Ivanchuk wins ACP Golden Classic; Giri is Dutch champion". ChessBase (en inglés). 23 de xullo de 2012. Consultado o 12 de novembro de 2022. 
  12. "Standings of Tata Steel Challengers 2014". Tata Steel Chess (en inglés). Consultado o 12 de novembro de 2022. 
  13. "Anna Muzychuk wins Women’s World Blitz Championship". Chesssdom (en inglés). 28 de abril de 2014. Consultado o 12 de novembro de 2022. 
  14. "Anna Muzychuk to represent Ukraine". Chessdom (en inglés). 7 de maio de 2014. Consultado o 12 de novembro de 2022. 
  15. "Yuriy Kuzubov and Anna Muzychuk are 2014 Ukrainian champions". Chessdom (en inglés). 25 de novembro de 2014. Consultado o 12 de novembro de 2022. 
  16. "TRADEWISE GIBRALTAR CHESS FESTIVAL 2016". TablaDeFlandes (en castelán). Consultado o 12 de novembro de 2022. 
  17. Fischer, Johannes (28 de decembro de 2016). "Vassily Ivanchuk is new World Champion in Rapid Chess". ChessBase (en inglés). Consultado o 12 de novembro de 2022. 
  18. "Karjakin wins FIDE World Blitz Championship, double gold for Anna Muzychuk". ChessBase (en inglés). 31 de decembro de 2016. Consultado o 12 de novembro de 2022. 
  19. "Anna Muzychuk wins European ACP Women's Rapid Championship 2017". Consultado o 30 de novembro de 2017. 
  20. "Anna Muzychuk: "Mis principios están por encima de todo"". As (en castelán). 4 de febreiro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2022. Consultado o 13 de novembro de 2022. 
  21. "Anna Muzychuk, campeona mundial de ajedrez, se niega a jugar en Arabia Saudí". Mundo Deportivo (en castelán). 18 de novembro de 2020. Consultado o 13 de novembro de 2022. 
  22. 22,0 22,1 Marín Bellón, Federico (25 de febreiro de 2018). "Anna Muzychuk jugará la Liga española y un duelo contra Karpov". ABC (en castelán) (Vocento). Consultado o 13 de novembro de 2022. 
  23. Martínez de la Calle, Alberto (12 de xuño de 2022). "Anna Muzychuk: «Pagué un alto precio por no jugar en Arabia Saudí. Fue lo correcto»". Las Provincias (en castelán) (Vocento). Consultado o 13 de novembro de 2022. 
  24. "Chess-Results Server Chess-results.com - Tournament-Database". Chess-results.com (en inglés). 14 de agosto de 2014. Consultado o 30 de novembro de 2017. 
  25. Muzychuk, Anna (11 de novembro de 2017). "Anna Muzychuk". Facebook (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2017. 
  26. Muzychuk, Anna (23 de decembro de 2017). "Anna Muzychuk". Facebook (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar