Andreas Obst

baloncestista alemán

Andreas Obst, nado o 3 de xullo de 1996 en Halle, é un xogador profesional de baloncesto alemán que xoga para o Bayern München da Basketball Bundesliga. Cunha estatura de 1,91 metros pode xogar nas posicións de escolta e base.

Andreas Obst
Bayern München
Información persoal
Nacemento 3 de xullo de 1996 (27 anos)
Alemaña Halle
Nacionalidade Alemaña Alemaña
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso oficial 91 kg (200 lb)
Posición Escolta / Base
Información da carreira
Carreira dende 2015
Historial de equipos

Alemaña Brose Baskets (2014–2017)
AlemañaGießen 46ers (2016–2017)
Alemaña Oettinger Rockets (2017–2018)
Galicia Obradoiro CAB (2018–2019)
Alemaña Ratiopharm Ulm (2019–2021)
Alemaña Bayern München (2021–presente)

Traxectoria profesional editar

O 2 de xuño de 2018, anunciouse a súa fichaxe por tres tempadas co Obradoiro CAB da Liga ACB.[1] Tras unha tempada en Santiago, Obst fichou polo Ratiopharm Ulm da Basketball Bundesliga.[2]

O 6 de xullo de 2021, anunciouse a fichaxe de Obst por dúas tempadas polo FC Bayern München.[3][4]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar