André Marty

político francés

André Marty, nado en Perpiñán o 6 de novembro de 1886 e finado en Tolosa o 23 de novembro de 1956, foi un mariño, militar e político francés, dirixente do Partido Comunista Francés.

Infotaula de personaAndré Marty

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de novembro de 1886 Editar o valor em Wikidata
Perpiñán, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte23 de novembro de 1956 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Tolosa, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de pulmón Editar o valor em Wikidata)
Deputado da Asemblea Nacional
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo París Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , xornalista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorL'Humanité (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista Francés Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarBrigadas Internacionais Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Premios

Traxectoria editar

Nado nunha acomodada familia de esquerdas, era fillo dun comerciante de viño. Tras suspender a oposición para ingresar na prestixiosa École Navale, converteuse en aprendiz de caldereiro. Máis adiante uniuse á Mariña francesa como oficial mecánico do acoirazado Jean Bart. Este navío, xunto co France, foron enviados ao Mar Negro para axudar o Movemento Branco na Guerra Civil Rusa. O 19 de abril de 1919 foi un dos líderes dos denominados Motíns do Mar Negro, opostos á intervención francesa contra os bolxeviques.

En 1924 foi elixido deputado na circunscrición de Seine-et-Oise polo Partido Comunista Francés, e renovou o escano en varias ocasións.

Guerra civil española (1936-1939) editar

A Internacional Comunista encargoulle a organización do recrutamento e organización das Brigadas Internacionais tras o Golpe de Estado que deu lugar á Guerra Civil Española. Ostentou o cargo oficial de Inspector Xeral.

Segundo os seus compañeiros na base de Albacete, onde se atopaba principalmente a organización brigadista, tratábase dun comisario político e un home bastante conflitivo. O líder do Partido Comunista Italiano, Palmiro Togliatti, quen organizou as Brigadas xunto a Marty, criticou reiteradas veces os seus métodos de traballo. Nun informe de novembro de 1937, insistiulle en que cambiase radicalmente os seus métodos de traballo e se abstivese de intervir nos asuntos militares e técnicos que afectasen as Brigadas.

Alcumárono «o carniceiro de Albacete» polos seus numerosos fusilamentos de civís e de brigadistas a quen consideraba criminalmente covardes ante o inimigo, aínda que el practicamente non participou en ningún combate. Nun informe ao Comité Central do Partido Comunista Francés, o 15 de novembro de 1937, sobre a súa actuación en Albacete, afirma:

«non vacilei e ordenei as execucións necesarias [...] As execucións ordenadas por min non pasaron de cincocentas».

A partir de 1937 foi amplamente cuestionado dentro do Goberno Republicano español. Atribuíuselle un singular papel na caída do executivo de Francisco Largo Caballero, así como operacións encubertas de desfalco.

Abandonou España en 1939, mais a súa actuación seguiu a ser cuestionada en Francia. O 16 de marzo na Asemblea francesa, houbo un violentísimo debate. Os deputados Philippe Henriot e Jean-Louis Tixier-Vignancour denunciaron a súa actuación na guerra. O escándalo alcanzou tal gravidade que a sesión tivo de ser suspendida. Posteriormente, Marty fixou a súa residencia en Moscova.

Aparece como personaxe na novela For Whom the Bell Tolls (Por quen dobran as campás) de Ernest Hemingway.

Despois de 1939 editar

Non participou na segunda guerra mundial e permaneceu lonxe da fronte. Porén, Stalin encargoulle organizar dentro de Francia unha revolución social despois do desembarco de Normandía. En 1945 era o número 3 dentro do PCF, tras Maurice Thorez e Jacques Duclos. A súa oposición á desestalinización da URSS provocou a súa expulsión do partido en 1953, xunto a Charles Tillon.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Comín Colomer, Eduardo (1948): La personalidad masónico-comunista de André Marty, «el carnicero de Albacete».
  • Gillain, Nick (1938): Le Mercenaire. Carné de route d'un combattant rouge. París: Artheme Fayard.
  • Gurney, Jason (1974): Crusade in Spain. ISBN 978-0-571-10310-2
  • Martínez Amutio, Justo (1974): Chantaje a un Pueblo. Memorias de la Guerra Civil Española 1936-39. Madrid, Gráficas Torroba.
  • Serrano, Carlos. L'enjeu espagnol: PCF et guerre d'Espagne. 1987.
  • Dictionnaire biographique du mouvement ouvrier français.
  • Dictionnaire biographique, mouvement ouvrier, mouvement social, 2006.

Ligazóns externas editar