Ana Maria Machado

escritora de literatura infantil brasileira


Ana Maria Machado, nada no Río de Xaneiro o 24 de decembro de 1941, é unha xornalista, profesora, pintora e escritora brasileira.[1]

Infotaula de personaAna Maria Machado

Ana Maria Machado
falando en Río de Xaneiro en 2017
Biografía
Nacemento24 de decembro de 1941
Río de Xaneiro
Datos persoais
País de nacionalidadeBrasileira
Formación profesionalLicenciada en Filoloxía
EducaciónUniversidade Federal do Rio de Janeiro
Director de teseMichel Arrivé (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFiloloxía románica, Literatura infantil, literatura fantástica (pt) Traducir, actividade literaria, libraría, xornalismo e pintura Editar o valor em Wikidata
OcupaciónEscritora, xornalista e pintora
Período de actividade1969 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorPontifícia Universidade Católica do Rio de Janeiro (pt) Traducir
Universidade Federal do Río de Xaneiro Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoLiteratura infantil e xuvenil, realismo máxico
LinguaPortugués
Premios
Véxase o texto

Páxina webanamariamachado.com.br Editar o valor em Wikidata
Dialnet: 3660159

Xunto con Lygia Bojunga Nunes, Ruth Rocha e Eva Furnari, é unha das principais expoñentes da nova onda da literatura infantil brasileira.[2]

Traxectoria editar

Formada en Letras na Universidade do Brasil, Ana Maria Machado estudou despois na Universidade Federal do Rio de Janeiro (UFRJ) e na Pontifícia Universidade Católica do Rio de Janeiro (PUC-RJ). Como xornalista, traballou durante máis de dez anos na Rádio Jornal do Brasil. En 1978 gañaou o Prêmio Jabuti de Literatura. Foi unha das fundadoras, en 1980, da primeira libraría infantil no Brasil, a Malasartes (en Río de Xaneiro), que existe até hoxe. Nesa década publicou máis de corenta libros, e en 1981 recibiu o Premio Casa de las Américas polo libro De Olho nas penas.

O recoñecemento mundial das obras de Ana Maria Machado aconteceu no 2000, cando obtivo o Premio Hans Christian Andersen, o máis importante premio de literatura infantil.[3] No mesmo ano foi condecorada coa Orde do Mérito Cultural. En 2010 recibiu un Premio Príncipe Claus, dos Países Baixos, e, en 20013, o brasileiro Premio Passo Fundo Zaffari e Bourbon de Literatura.

O 19 de xullo de 2011 nunha entrevista declarou que xa vendera, en todas as traducións, uns 19 milóns de exemplares das súas publicacións.[4]

Machado actúa intensivamente na promoción da lectura e no fomento do libro.

Academia Brasileira de Letras editar

Ana María Machado é a sexta ocupante da cadeira 1 da Academia Brasileira de Letras (ABL), cuxo patrono é o poeta Adelino Fontoura. Foi elixida o 24 de abril de 2003, sucedendo a Evandro Lins e Silva, e recibida o 29 de agosto de 2003 polo académico Tarcísio Padilha.

O 8 de decembro de 2011 foi elixida presidenta da Academia Brasileira de Letras para o bienio 2012-2013.[5]

Principais obras editar

Entre outros libros, son da súa autoría:

Literatura infantoxuvenil editar

  • Uma Vontade Louca
  • Amigo É Comigo
  • Isso Ninguém Me Tira
  • Bento que Bento é o Frade
  • Bisa Bia, Bisa Bel (novela), 1981
  • De olho nas penas
  • Do outro mundo
  • O canto da praça
  • Bem do seu tamanho
  • Tudo ao mesmo tempo agora
  • O Que É?
  • Dandinha danda
  • Abrindo Caminho
  • Alguns Medos e Seus Segredos
  • Era Uma Vez Três
  • O Gato do Mato e o Cachorro do Morro
  • Menina Bonita do Laço de Fita
  • Conto de Fadas
  • O mistério da ilha
  • Amigos Secretos
  • De carta em carta
  • Quem manda na minha boca sou eu!!
  • O domador de monstros
  • História Meio ao Contrário

Literatura para adultos editar

  • Alice e Ulisses, (novela), 1984
  • Aos Quatro Ventos, (novela), 1993
  • A Audácia dessa Mulher, (novela), 1999
  • Canteiros de Saturno, (novela), 1991
  • Como e Por Que Ler os Clássicos Universais desde Cedo, (libro teórico), 2002
  • Contra Corrente, (colectánea de artigos), 1999
  • Democracia, (colectánea de artigos), 1983
  • Esta Força Estranha, (biografía), 1998
  • O Mar Nunca Transborda, (novela), 1995
  • Para Sempre, (novela), 2001
  • Recado do Nome, (tese de doutoramento), 1976
  • Texturas - sobre Leituras e Escritos, (colectánea de artigos), 2001
  • Tropical Sol da Liberdade, (novela), 1988
  • Um Mapa Todo Seu, 2015
Predecesor:
Evandro Lins e Silva
 
Academia Brasileira de Letras
Sexta académica da cadeira 1

2003 - actualidade
Sucesor:

Notas editar

  1. Câmara do Livro. "Ana Maria Machado". Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2013. Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  2. "Ruth Rocha". Enciclopédia Escolar Britannica (en portugués). Britannica Escola Online. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2016. Consultado o 1 de outubro de 2018. 
  3. EducaRede, Fundação Telefônica. "Ana Maria Machado, Biografia". Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2010. Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  4. Programa do Jô. "Ana Maria Machado". Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  5. "Ana Maria Machado, Escritora brasileira". E-Biografias. 24 de xaneiro de 2012. Consultado o 2 de outubro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar