Alejandro Castro Espín

Alejandro Castro Espín, nado na Habana o 29 de xullo de 1965, é un político e militar cubano. Ostenta o rango de coronel no Ministerio do Interior de Cuba.[1] É o único fillo varón de Raúl Castro, antigo primeiro secretario do Partido Comunista de Cuba, e de Vilma Espín, unha das principais líderes da Revolución cubana. É polo tanto sobriño do líder da Revolución, Fidel Castro.

Infotaula de personaAlejandro Castro Espín
Biografía
Nacemento29 de xullo de 1965 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
A Habana, Cuba Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCuba Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , militar Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de Cuba Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarCoronel Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisRaúl Castro Editar o valor em Wikidata  e Vilma Espín (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMariela Castro Editar o valor em Wikidata
ParentesFidel Castro (tío)
Juanita Castro (Tía)
Ramón Castro (tío) Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu na Habana o 29 de xullo de 1965,[2] como o único fillo varón do matrimonio entre Raúl Castro e Vilma Espín. Ten tres irmás: Deborah, Mariela e Nilsa.[3] A súa irmá Mariela é unha das sexólogas máis destacadas do país e directora do Centro Nacional de Educación Sexual de Cuba.

Formouse como enxeñeiro e como militar nas Forzas Armadas Revolucionarias e foi enviado como parte do continxente cubano á guerra civil angolana onde, aínda que non loitou na primeira liña, sufriu unha lesión accidental nun ollo durante un exercicio militar en Luanda.[4] Tamén fixo un mestrado en relacións internacionais e é un destacado investigador en cuestións relacionadas coa defensa e a seguridade nacional.[5][6][7]

Escribiu regularmente artigos na prensa cubana e en 2009 presentou o seu primeiro libro, El Imperio del Terror, publicado pola editorial do Ministerio do Interior cubano, que explica a súa particular visión dos intereses de poder dos Estados Unidos nos séculos XIX e XX.[1][6]

Trala elección de Raúl Castro como primeiro secretario do Partido Comunista de Cuba en 2011, Alejandro converteuse en axudante persoal deste e estivo involucrado en diversos actos políticos e visitas oficiais.[7]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "A Castro son rises in Cuba" (en castelán). 17 de xuño de 2015. Consultado o 10 de setembro de 2021. 
  2. "El ascenso del hijo de Raúl Castro en el régimen cubano" (en castelán). 24 de abril de 2016. Consultado o 10 de setembro de 2021. 
  3. "Comentan en prensa de Vietnam reflexiones de Fidel" (en castelán). 20 de marzo de 2007. Arquivado dende la Prensa Cubana/2007/Marzo.htm o orixinal |url= incorrecto (Axuda) o 25 de agosto de 2007. Consultado o 10 de setembro de 2021. 
  4. "Alejandro Castro Espín: un fin de raza" (en castelán). 18 de xullo de 2010. Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2011. Consultado o 10 de setembro de 2021. 
  5. "Raúl Castro's inner circle". The New York Times (en inglés). 26 de novembro de 2016. Consultado o 10 de setembro de 2021. 
  6. 6,0 6,1 "Derecho de veto: ¿Coraza o cadalso para la Comunidad de Naciones? (II)" (en castelán). 14 de setembro de 2005. Consultado o 10 de setembro de 2021. 
  7. 7,0 7,1 "¿Quién sucederá a los Castro?" (en castelán). 15 de novembro de 2016. Consultado o 10 de setembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar