Juanita Castro

irmá de Fidel Castro

Juana de la Caridad "Juanita" Castro Ruz, nada en Birán (provincia de Holguín) o 6 de maio de 1933, é unha activista cubana, irmá de Fidel e Raúl Castro, ámbolos dous presidentes de Cuba. Despois de colaborar coa Axencia de Intelixencia Central en Cuba, viviu nos Estados Unidos dende 1964.

Infotaula de personaJuanita Castro
Biografía
Nacemento(es) Juana de la Caridad Castro Ruz Editar o valor em Wikidata
6 de maio de 1933 Editar o valor em Wikidata
Birán (República de Cuba) Editar o valor em Wikidata
Morte4 de decembro de 2023 Editar o valor em Wikidata (90 anos)
Miami, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesJuanita Castro Ruz Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América (1984–)
Cuba Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresaria , Disidencia Editar o valor em Wikidata
EmpregadorCentral Intelligence Agency Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisÁngel Castro Arguíz Editar o valor em Wikidata  e Lina Ruz González Editar o valor em Wikidata
IrmánsRamón Castro, Fidel Castro, Raúl Castro e Emma Castro Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Castro_Ruz-7

Traxectoria editar

Naceu preto de Mayarí, a cuarta filla de Ángel Castro Argiz e Lina Ruz González, e ten tres irmáns —Ramón, Fidel, e Raúl— e tres irmás —Angelita, Enma, e Agustina-. Lina Ruz González era a cociñeira de Ángel Castro; estaba casado con outra muller durante o nacemento de Juanita. Tamén ten seis medio irmáns: Lidia, Pedro Emilio, Manuel, Antonia, e Georgina, que foron criados pola primeira muller Ángel Castro, María Luisa Argota,[1] e Martín Castro, fillo que tivo Ángel coa mulata Generosa Batista.[2]

Política editar

Juanita Castro foi activa na revolución cubana, comprando armas para o Movemento do 26 de xullo durante a súa campaña contra Fulgencio Batista. En 1958 viaxou ós Estados Unidos para recadar fondos para apoiar o movemento insurxente.[3] Despois da revolución Juanita sentiuse traizoada pola influencia crecente dos comunistas no goberno cubano.[4] Comezou a colaborar coa CIA en actividades contra o goberno cubano e finalmente deixou Cuba para instalarse en Miami, onde foi propietaria dunha farmacia e dende onde se pronunciou en numerosas ocasións contra o goberno de seu irmán Fidel.[5]

Notas editar

  1. Bardach, Ann Louise: Cuba Confidential. p57-59
  2. "El hermano desconocido de Fidel y Raúl Castro". La Vanguardia (en castelán). 4 de decembro de 2016. Consultado o 8 de agosto de 2019. 
  3. "The Bitter Family". Time Magazine. 10 de xullo de 1964. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2013. Consultado o 19 de febreiro de 2008. 
  4. Cuba Confidential by Ann Lousie Bardach, page 57
  5. "Juanita Castro, hermana y crítica de Fidel, no se alegra por su muerte". The New York Times (en castelán). 28 de novembro de 2016. Consultado o 7 de outubro de 2019.