Alberto Jorge Barreiro

Alberto Gumersindo Jorge Barreiro, nado en Santiago de Compostela, é un xuíz galego.

Infotaula de personaAlberto Jorge Barreiro
Biografía
Nacemento1949 Editar o valor em Wikidata (74/75 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Maxistrado do Tribunal Supremo de España
2009 – 2019 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaxistrado Editar o valor em Wikidata
EmpregadorTribunal Supremo de España Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, foi xuíz de primeira instancia en Cangas de Narcea (1979), Donostia e en Burgos (1983), e en 1984 noméano xuíz de instrución de Madrid. Posteriormente trasladouse á sala 15 da Audiencia Provincial de Madrid, onde ascendeu a presidente en 2003. En 2004 propóñeno para o Tribunal Supremo de España[1], pero non é elixido para o cargo ata cinco anos despois, en 2009[2]. É membro da asociación progresista Jueces para la Democracia.

Entre a súa actividade xudicial destaca a sentenza condenatoria ao tenente coronel Emilio Alonso Manglano por un caso de escoitas no CESID, posteriormente anulada polo Tribunal Constitucional[3], a absolución de Juan José Ibarretxe polas súas conversas con membros de Batasuna, o voto particular contra a ilegalización de Sortu e a instrución do caso contra o tamén xuíz Baltasar Garzón polas súas escoitas a acusados e avogados do caso Gürtel.

Ademais, é profesor asociado de Dereito Penal na Universidade Autónoma de Madrid.

Vida persoal editar

Fillo do médico e profesor Ángel Jorge Echeverri. Sobriño do médico e político Agustín Jorge Echeverri. Irmán do catedrático de dereito penal Agustín Jorge Barreiro, e do médico e catedrático de anatomía humana Francisco Javier Jorge Barreiro.

Notas editar