Alberto Acosta Espinosa

economista ecuatoriano

Alberto José Acosta Espinosa, nado en Quito o 21 de xullo de 1948, é un economista e político ecuatoriano de esquerda. Acosta ao longo da súa carreira mantivo un perfil intelectual de esquerda, simpatizando co marxismo, o movemento antiglobalización e o antimineiro.

Infotaula de personaAlberto Acosta Espinosa

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de xullo de 1948 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Quito, Ecuador Editar o valor em Wikidata
National Assembly Deputy (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEcuador
Colombia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Colonia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióneconomista , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
Partido políticoQ55406580 Traducir (2011–)
MOVER (2006–2009)
Pachakutik (1995–2005) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Facebook: ALBERTOACOSTAEC Twitter: AlbertoAcostaE Dialnet: 336578 Editar o valor em Wikidata

Foi un dos redactores do plan de goberno de Alianza PAIS,[1] que procura instaurar gradualmente un estado socialista en Ecuador. Posteriormente foi Ministro de Enerxía e Minas, e logo presidente da Asemblea Nacional Constituínte, cargo do que se retirou por loitas de poder no seo do seu partido.[2] Actualmente non forma parte do goberno de Rafael Correa a pesar de ser un dos principais ideólogos da Revolución Cidadá, volveuse un crítico frontal do goberno de Ecuador, do presidente Rafael Correa, o Yasuní ITT e en xaneiro do 2011 mostrouse claramente contrario á eventual consulta popular convocada polo primeiro mandatario, pois ditas reformas, que ao seu xuízo son anticonstitucionais e atentan contra o proxecto orixinal da Revolución Cidadá.

Foi candidato á presidencia de Ecuador nas eleccións de 2013 pola Unidade Plurinacional das Esquerdas, unha coalición de partidos políticos e movementos sociais de extrema esquerda, e socialistas en oposición ao goberno.

Traxectoria editar

Graduouse en Economía Industrial (Diplom-Betriebswirt), especialidade en Comercio Exterior e Mercadeo e diplomouse en Economía (Diplom-Volkswirt), especialidade de economía enerxética pola Universidade de Colonia, Alemaña.

Antes de ser nomeado ministro de Enerxía e Minas de Ecuador, exerceu como investigador do Instituto Latinoamericano de Investigacións Sociais (ILDIS). É un dos co-autores e coordinadores do libro Asedios a lo Imposible: Propuestas Económicas en Construcción, xunto a Rafael Correa, Fander Falconí, Jeannette Sánchez, Pedro Páez Pérez, e outros autores.[3]

Tralo seu paso pola Asemblea Constituínte que redactou unha nova constitución no país, volveu á vida académica, á súa cátedra en FLACSO, á publicación de libros como “La Maldición de la Abundancia” nos que expón a súa posición anti-extractivista, en contra da minaría e explotación petroleira en Ecuador.

É sobriño-neto do 5 veces presidente José María Velasco Ibarra e ten familiares que pertencen ao sector banqueiro do país, pola familia de Jaime Acosta Velasco.

Vida política editar

Foi un dos fundadores do partido indixenista Pachakutik en 1995. Foi elixido como asembleísta nacional en 2007, polo partido de goberno, Movemento PAIS. Ao ser o asembleísta coa maior votación, foi elixido presidente da Asemblea Nacional Constituínte.Ditou conferencias en varios países, explicando a Constitución que defende a natureza (esa posición foi xustamente a que causou os primeiros rozamentos co réxime ao que servía).[4]

Proclamou a necesidade do diálogo e o consenso. Esa característica foi, precisamente, a que terminou por marxinalo da Presidencia da Asemblea, a mediados de 2008: cumpríase o prazo para rematar de escribir ese texto, e Acosta seguía empuxando diálogos con distintos sectores sociais para completar o texto. Ao final de contas, moito do contido constitucional final foi escrito na sede do goberno, o Palacio de Carondelet, cando el deu un paso a un lado.

O 24 de xuño de 2008 presentou a súa renuncia irrevogable á Presidencia da Asemblea, ante presións do goberno e do buró político do Movemento PAIS, e por diferenzas en certos temas co goberno de Rafael Correa. Algúns temas mencionados foron: a extensión do período de sesións da Asemblea máis aló do tempo para a que foi convocada; a concesión da amnistía ao expresidente Gustavo Noboa (elixido como Vicepresidente xunto a Jamil Mahuad polo partido demócrata cristián); a posibilidade de que as comunidades afectadas poidan participar no proceso de concesión dos recursos mineiros e petroleiros, e en xeral, a condución democrática do proceso de elaboración da nova Constitución de Ecuador.

Obras editar

  • El Buen Vivir. Sumak Kawsay, una oportunidad para imaginar otros mundo (Icaria editorial, Barcelona, 2013. [1] ISBN 9788498884753)
  • Un Estado, muchos pueblos. La construcción de la plurinacionalidad en Bolivia y Ecuador (Icaria editorial, Barcelona, 2012. [2] ISBN 9788498884159).
  • Colonialismos del siglo XXI. Negocios extractivos y defensa del territorio en América xunto con Eduardo Gudynas, François Houtart, Henry Ramírez Soler, Joan Martínez Alier e Luis Macas (Icaria editorial, Barcelona, 2011. [3] ISBN 788498883435).

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar