Aidan Girt
Aidan Girt é un batería canadense que toca nos colectivos de post-rock baseados en Montreal Godspeed You! Black Emperor e Exhaust. Tamén toca como artista de música electrónica en solitario baixo os nomes OSB, 1-Speed Bike e Bottleskup Flenkenkenmike.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de xullo de 1976 (47 anos) Canadá |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Canadá |
Actividade | |
Ocupación | músico |
Período de actividade | 1996 - |
Xénero artístico | Post-rock |
Instrumento | Batería |
Selo discográfico | Kranky Constellation Records |
Carreira editar
No ano 1994 Girt cofundou Godspeed You! Black Emperor,[1][2] e leva sendo o seu batería dende entón ata o presente.
Girt, xunto con Gordon Krieger e Mike Zabitsky, formou o grupo Exhaust a mediados dos anos 90. A banda actuou en Montreal durante un curto período de tempo e publicou un sinxelo en 1996. En 1998 publicaron o seu álbum de estrea, Exhaust, e en 2001 o seu segundo álbum de estudio, Enregistreur.[3][4]
Girt tocou a batería como músico invitado no primeiro álbum da banda A Silver Mt. Zion, He Has Left Us Alone but Shafts of Light Sometimes Grace the Corner of Our Rooms..., publicado en 2000.
Como 1-Speed Bike Girt editou numerosos álbums e EPs en solitario, incluído El Gallito en 2003.[5]
En 2019 Grit comezou a publicar música xunto co guitarrista Eric Quach baixo o nome Some Became Hollow Tubes.
Notas editar
- ↑ Colin Larkin. The Encyclopedia of Popular Music. Omnibus Press; 27 May 2011. ISBN 978-0-85712-595-8. p. 1439
- ↑ "1-Speed Bike El Gallito". exclaim.ca (en inglés). Consultado o 2020-04-17.
- ↑ "Exhaust | Biography & History". AllMusic (en inglés). Consultado o 2020-04-17.
- ↑ "Last Ex: Last Ex". PopMatters (en inglés). 2014-12-05. Consultado o 2020-04-17.
- ↑ "1-Speed Bike". Discogs (en inglés). Consultado o 2020-04-17.