Afonso de Lanzós

Afonso de Lanzós[1][2][3] ou Alonso de Lanzós,[4][5][6][7][8] foi un nobre e dirixente irmandiño. No ano 1467, dentro da Gran Guerra Irmandiña, uniuse aos vasalos facendo súas as reivindicacións destes e dirixiu xunto a Pedro Osorio e Diego de Lemos un auténtico exército popular. Lanzós ergueuse contra a casa dos Andrade, aos que servira, por afrontas á súa propia familia. Logrou vencer todas as súas fortificacións, agás a de Moeche, aínda que finalmente foi preso por Fernán Pérez Parragués e rematou nun calabozo dos Andrade.

Afonso de Lanzós
Cabaleiro
Castelo dos Andrade

Nome completoAfonso de Lanzós e Castro
Outros títulosSeñor da casa e torre de Lanzós e Vilousaz, de Louriñá, Medín, Ois, As Mestas, Vilamourel e Vigo
Nacemento1420?
Betanzos
Falecemento1480/1492?
A Coruña
RexenteHenrique IV
Cónxuxe/sConstanza Vázquez de Insua?
María de Castro e de Montaos
DescendenciaDa 1ª muller: María de Lanzós
Da 2ª: Inés, Leonor, Xoana e Isabel
ProxenitoresXoán Freire de Lanzós
Isabel de Castro

Escudo de Afonso de Lanzós

Traxectoria editar

Afonso de Lanzós era un cabaleiro galego orixinario de Betanzos, un fidalgo modesto que entón tiña vinte homes de a cabalo e catrocentos vasalos. Serviu ao seu curmán Fernán Pérez de Andrade para despois pasar á casa dos Gómez Pérez das Mariñas. En 1465, foi a Castela para solicitar a protección do rei Henrique IV.[9]

Segunda revolta irmandiña (1467 a 1469) editar

Véxase tamén: Gran Guerra Irmandiña.

A revolta iniciouse en Santiago de Compostela e estaba formada por 80.000 homes armados e dirixida por:

Nos inicios a revolta fíxose co territorio destruíndo máis de cen castelos e os nobres fuxiron a Portugal, Asturias e Castela. En 1468, Lanzós derrotou os baróns feudais. En 1469 Pedro Madruga, fuxido nos inicios da revolta, iniciou a ofensiva dende Portugal coa axuda de parentes e amigos da cabalería portuguesa ao mando dun exército armado con arcabuces, e percorreu o traxecto Tui-Pontevedra-Padrón-Santiago, encontrándose con Fonseca e Pimentel cerca de Santiago de Compostela. Un segundo exército dirixido polo arcebispo Fonseca veu dende Salamanca, acompañado de Juan Pimentel, irmán do conde de Benavente, así como de Pedro Vega e outros cabaleiros. Pedro Álvarez xuntouse con eles en Balmalige preto de Santiago. O terceiro exército chega dende Castela, co conde de Lemos, que avanza dende Ponferrada ata Monforte de Lemos con Pedro Pardo de Cela. O exército irmandiño descoñecía as armas de fogo. Empregaban só béstas, ondas e catapultas. Pedro Madruga gaña batalla tras batalla e Afonso de Lanzós tense que retirar cos seus homes ao castelo dos Andrade en Pontedeume. Por entón Pedro Osorio e Diego de Lemos réndense, deixan a revolta e pásanse ao inimigo. Sabedor da crueldade do señor dos Andrade e da imposibilidade de continuar a loita, decide renderse ao bispo de Santiago, Afonso de Fonseca II e entrega Pontedeume. Cando se retiraba foi feito preso e entregado a Fernán Pérez de Andrade en 1470.

Últimos anos editar

 
Escudo do concello de Maceda coas armas dos Lanzós.

Afonso de Lanzós perdeu as súas posesións a mans do conde de Lemos e Diego de Andrade en vinganza:

  • A casa forte de Lanzós, e outras
  • Os coutos de San Sadurniño, Ferreira, e San Martiño con todos sus vasallos, señorío e jurisdiçión çevil e creminal.
  • Os padroados e beneficios de Lanzós, San Sadurniño, O Deveso, San Cristovo de Ferreira, San Xiao de Ferrol, San Xurxo da Mariña, San Xoán de Esmelle, Santa Uxía de Mandiá e San Mateo (actual Narón).

Fixo testamento o 21 de maio de 1480 na cidade da Coruña, na casa do mercador Juan de Dios onde se atopaba recollido e prostrado de enfermidade;[10] mandou ser enterrado no convento de San Francisco da Coruña onde di que descansaban os seus devanceiros[11]. A súa viúva en 1492 preitea pola recuperación dos bens.

Notas editar

  1. "Don Alfonso de Fonseca, arzobispo de Santiago, considerando los buenos servicios prestados por Alonso de Lanzós... Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine. Cita: Don Alfonsso de Fonseca, por la miseracion divina, arçobispo de Santiago, cappellan mayor de nuestro señor el rey e del su Consejo, e su notario mayor del regno de Leon, acatados los buenos e leales serviçios que vos, Alfonsso de Lançoos, fijo de Juan Freyle de Lançoos,. 26/5/1463. CCG.
  2. "O Cabido de Lugo outórgalles en pensión perpetua a Afonso de Lanzós e á súa muller unhas casas na freguesía de Santiago de Lugo por renda anual de 150 marabedís" 18/4/1469. CCG.
  3. Dopico Blanco, Fernando (2006). "Prolegómenos, fundación e transmisión dos morgados de Baltar e San Sadurniño na Comarca de Ferrol (séculos XVI ao XVIII)" (PDF). Cátedra. Revista eumesa de estudios (Pontedeume) (13): 446. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de maio de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017. Yten deyxo, nomeo et declaro por meu unibersal herdeiro a Afonso de Lençoos, meu sobrinno 
  4. "Alonso de Lanzós". Diccionario enciclopédico galego universal 3. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 49. ISBN 84-7680-429-6. 
  5. "Alonso de Lanzós". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 105. ISBN 978-84-8288-942-9. 
  6. "Alonso de Lanzós". Enciclopedia Galega Universal 1. Ir Indo Edicións. 1999-2002. p. 366. ISBN 84-7680-288-9. 
  7. "Alonso de Lanzós". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. 
  8. Aparece, simplemente, como "Alonso Lanzós", sen preposición, en Pallares e Portela (1996). "Idade Media". Nova Historia de Galicia. Tambre. p. 228. ISBN 84-88681-27-5. 
  9. Fernández, Hilario (25/7/2010). "Alonso de Lanzós, el gran caudillo irmandiño". El Correo Gallego (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14/07/2014. Consultado o 26/08/2013. 
  10. Traslado do testamento de don Alonso de Lanzós
  11. Dopico Blanco, Fernando (2006). "Prolegómenos, fundación e transmisión dos morgados de Baltar e San Sadurniño na Comarca de Ferrol (séculos XVI ao XVIII)" (PDF). Cátedra. Revista eumesa de estudios (Pontedeume) (13): 446. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de maio de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar