Accidente da Lavacolla

O accidente da Lavacolla, tamén coñecido coma accidente do Españoleto, foi o segundo contratempo de importancia na historia da aviación comercial en Galicia. O 3 de marzo de 1978, un avión DC-8 da compañía Iberia procedente de Madrid tomou terra lonxe do comezo da pista do aeroporto da Lavacolla, obrigando ao piloto a esquivar bruscamente a estrutura do sistema ILS da cabeceira sur e caendo por un valado. Non houbo vítimas mortais.

Accidente da Lavacolla
O Españoleto en 1969.
Resumo
Data  3 de marzo de 1978
Causa  aquaplaning tras a aterraxe
Lugar  aeroporto da Lavacolla
Coordenadas  Coordenadas: 42°53′17″N 8°24′44″O / 42.88802514684, -8.4123138102449
Orixe  Madrid
Destino  Santiago de Compostela
Finados  0
Feridos  70
Aeronave
Tipo de aeronave Douglas DC-8
Operador  Iberia
Rexistro  EC-BMX
Pasaxeiros  208
Tripulación  12
Superviventes  220 (todos)

O accidente editar

O avión accidentado era un DC-8-63 da compañía Iberia con rexistro EC-BMX procedente de Madrid, de nome Españoleto, pilotado polo comandante Jaime Ordovás e levaba a bordo a 208 pasaxeiros e 12 tripulantes. A hora prevista para a súa chegada eran as 17:05 horas da tarde, porén chegaba ao aeroporto da Lavacolla con 20 minutos de atraso.

Unha manobra de aterraxe incorrecta provocou que o avión tomase terra lonxe do comezo da pista. Logo de que o piloto evitase o impacto contra a estrutura do sistema ILS da cabeceira sur, a aeronave caeu por un valado, incendiándose posteriormente.

O piloto, que afirmou contar con boa visibilidade durante a manobra de aterraxe, indicou que as fortes precipitacións que media hora antes asolagaron a pista foron a causa de que o McDonell Douglas DC-8 que pilotaba sufrise o fenómeno do aquaplanning ao tocar o chan.

A pericia do piloto e a rápida actuación dos bombeiros e dos demais servizos de emerxencia evitaron un accidente máis grave.

Vítimas editar

O accidente saldouse con setenta feridos, dez graves e sesenta leves, que foron atendidos no hospital Xeral de Galicia, no policlínico da Rosaleda e nos sanatorios dos doutores Álvarez e Señarís.

No Españoleto viaxaban persoeiros relacionados coa política, como o ministro de Cultura Pío Cabanillas e destacados centristas coruñeses como José Luis Meilán Gil, Antonio Vázquez Guillén e Nona Inés Vilariño. Tamén viaxaban personalidades da cultura e do ensino como o filósofo José Luis López Aranguren e o catedrático de Medicina da USC e doutor Alfonso Varela Núñez[1].

Notas editar

  1. Nacho Mirás Fole (24 de febreiro de 2013). "El «Españoleto» aterrizó como pudo". La Voz de Galicia. 

No vó tamén viaxaban os membros do comité de empresa do xornal coruñés "El Ideal Gallego", resultando todos ilesos no dito siniestro.