Abdou Thiam

futbolista senegalés

Abdou Thiam, nado o 13 de agosto de 1998 en Senegal, é un xogador de baloncesto profesional senegalés que xoga no Juaristi ISB da Liga LEB Ouro.

Abdou Thiam
Juaristi
Información persoal
Nacemento 13 de agosto de 1998 (25 anos)
Nacionalidade Senegal Senegal
Altura 2,11 m (6 ft 11 in)
Peso oficial 98 kg (216 lb)
Posición Pivote
Información da carreira
Carreira dende 2016
Historial de equipos
Santo Domingo Betanzos (2016–2019)
Leyma Coruña (2019–2022)
Juaristi ISB (2021–presente)

Traxectoria editar

A ilusión de Abdou era ser xogador profesional de baloncesto e ocorréuselle que a mellor forma de promocionarse era publicando un vídeo en YouTube onde se mostraba realizando mates nunha canastra en Dakar. O seu vídeo non pasou desapercibido e recibiu chamadas de diferentes equipos europeos, recalando finalmente nas Canarias, onde tras un curto periplo aterrou en Betanzos.

Chegou dende Senegal con 18 anos e durante 3 tempadas formaría parte do Santo Domingo de Betanzos en liga EBA, onde ademais de mellorar as súas condicións técnicas e tácticas axudáronlle en fortalecer o seu impoñente físico (á súa chegada pesaba só 86 quilogramos e medía 2.11 metros).[1]

Durante a tempada 2018-19 en liga EBA, o xogador senegalés promedió 30 minutos de xogo nos que anotou 17.6 puntos e capturou 14.3 rebotes para unha valoración media de 29 puntos.

En xuño de 2019, o Leyma Coruña anuncia a fichaxe do pivote senegalés para as súas filas na tempada 2019/2020.[2]

Para a tempada 2021-22, foi cedido ao Juaristi ISB da liga LEB Oro.

O 30 de xuño de 2022 o Leyma Coruña e o xogador senegalés acordan a finalización do contrato que aínda estaba vixente.[3]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar