A é un álbum da banda inglesa Jethro Tull lanzado en 1980.

A
Álbum de Jethro Tull
Publicado29 de agosto de 1980
Gravación1980
Estudio(s)Maison Rouge Mobile e Maison Rouge Studios
Xénero(s)rock progresivo
Selo(s)Island Records (RU)
Chrysalis Records (EEUU)
Producido porIan Anderson, Robin Black
Cronoloxía
Stormwatch A Broadsword and the Beast

Con este álbum, lonxe quedaron os primeiros tempos do grupo con aparencia de vagabundos, longas melenas e aspecto sinistro. Na portada, Ian Anderson cortou o pelo e móstrase vestido de branco impoluto: un cambio radical, unha viaxe ó futuro. O disco supón a incorporación da música electrónica ó estilo da banda.

En realidade dito álbum pensaba ser o primeiro de Anderson en solitario (anterior, por tanto, a Walk into Light), unha vez idos o resto de membros da banda, excepto o inseparable Martin Barre; pero a discográfica o animou a pubricalo baixo o nome de Jethro Tull.

O título A (de Anderson) sería a identificación dada a ditas gravacións no estudio.

Para este disco Ian Andeerson logrou a colaboración do teclista e violinista Eddie Jobson, ex UK e Roxy Music, músico cun estilo moi diferente aos de Jethro Tull. Isto provocaría unha gran controversia entre os incondicionais da banda.

Moitos críticos consideran este álbum como o comezo do declive do grupo, sendo o seu anterior álbum, Stormwatch, o último gran disco de Jethro Tull.

Posto nas listas de éxitos editar

  • Posto nas listas dos Estados Unidos: 30.
  • Posto nas listas do Reino Unid: 25.

Lista de temas editar

# Título Autor Tempo
1. "Crossfire" (Ian Anderson) 3:55
2. "Fylingdale Flyer" (Ian Anderson) 4:35
3. "Working John, Working Joe" (Ian Anderson) 5:04
4. "Black Sunday" (Ian Anderson) 6:35
5. "Protect and Survive" (Ian Anderson) 3:36
6. "Batteries not Included" (Ian Anderson) 3:52
7. "Uniform" (Ian Anderson) 3:34
8. "4.W.D. (Low Ratio)" (Ian Anderson) 3:42
9. "The Pine Marten's Jig" (Ian Anderson) 3:28
10. "And Further On" (Ian Anderson) 4:21

A edición de 2004 incluíu tamén o vídeo Slipstream, que alterna unha interpretación en directo deste álbum, no Royal Albert Hall, con vídeos de cancións do pasado.

Intérpretes editar

Introdución aos temas editar

En 1980 Anderson escribiu unha introdución a cada tema do disco:

  • «Con "Crossfire" a idea chegoume cando estaba ensaiando a canción e acercouse a miña esposa e díxome que a embaixada iraniana en Londres fora asediada. Todos deixamos de ensaiar para ir velo na televisión. A mañá seguinte escribín a letra antes de que chegaran os demais o ensaio. Aínda que tiña algo xa con esa temática, completei a historia co sucedido.»
  • «"Fylingdale Flyer" tamén provén das noticias sobre a derradeira vez que os americanos tiveran un descoido nun dos seus sistemas de alerta e pensaban que os rusos provocaran un ataque. Está cantado dende o punto de vista dun deses tipos nunha desas Estacións de Alerta Temperá Fylingdale en Yorkshire. Eles crían que viña un mísil de camiño a Estados Unidos e pensaba que aínda había tempo para “unha derradeira partida de bolos”, que é exactamente o que dixo sir Francis Drake en 1958 cando se lle dixo que a armada española fora avistada en Plymouth
  • «"Working John, Working Joe" é unha das cancións que teñen xa 2 ou 3 anos e que foi escrita na época na que os sindicatos realizaban un montón de propaganda á clase media. É un pequeno trabalinguas que suxire que todo tipo que vai de traxe, un director dunha compañía, sofre o mesmo día duro que un traballador do piso de abaixo. Ten que conducir ata o traballo, sofre o mesmo atasco de tráfico e o prezo que ten que pagar polo seu benestar é unha úlcera e un infarto.»
  • «Escribín as letras de "Black Sunday" xusto antes de saír de xira, como soa, aínda que quixen escribir no sentido de que calquera puidera imaxinarse saíndo ó traballo e preguntándose si, o seu regreso, encontraríase as cousas como estaban. Estaba chea do tipo de imaxes que vía cando viaxaba.»
  • «"Protect and Survive" é un título extraído do folleto do mesmo nome que distribuía o goberno para que, no caso dun ataque nuclear, tiveramos unhas indicacións sobre que facer. É un pequeno trabalinguas dirixido ó goberno por non manternos informados e tratarnos desa forma tan rastreira. Os sentimentos expresados na canción non son necesariamente os meus, senón a forma na que creo que reaccionaría unha persoa media ó léelo, especialmente con as escolas de dito ataque xa producido.»
  • «"Batteries not Included" é en realidade un pouco macabra. Un neno esperta no Nadal para atoparo seu fabuloso xoguete mecánico ó pé da cama, mais non funciona porque non ten baterías. Durante o tempo en que está a laiarse se identifica co xoguete tan fortemente que, cando seus pais acordan, atopan o neno convertido en xoguete e tamén está apagado. Recórdame o meu fillo.»[1]
  • «O tema "Uniform" é de novo un xogo de palabras sobre o feito de que todos nos disfrazamos, adoptamos roles de acordo a roupa que vestimos. Non hai demasiada xente que tenda a expresar a súa individualidade en termos de vestimenta: tenden a conformar grupos sociais uniformados como soldados ou policías.»
  • «"4.W.D.(Low Ratio)" trata sobre unha afinidade con os vehículos todo terreo. Pensei que sería bonito ter unha canción como esta, e está escrita desta maneira para evitar confusións con outra do mesmo tema que non ten nada que ver musicalmente coa nosa.»
  • «"The Pine Marten's Jig" é unha peza de música tradicional, pero emprega un montón de pequenas pezas e a instrumentación (mandolinas e violín) que temos aquí a fan bastante eléctrica.»
  • «"And Further On" é unha desas cousas ambiguas e melancólicas que teñen unha connotación privada e persoal para ó autor, pero a suficiente imaxinación, afortunadamente, como para chegar a diferentes tipos de oínte. Para explicar a miña opinión sobre a letra, sería como privar ó individuo do seu dereito a unha interpretación persoal. Supoño que serve como unha posdata musical ó resto de cancións.»

Notas editar

  1. A voz do neno que aparece no tema é a do propio fillo de Ian Anderson.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar