Ian Scott Anderson, nado o 10 de agosto de 1947, é un cantante, compositor e multi-instrumentista escocés, coñecido polo seu traballo como líder e frautista da banda británica Jethro Tull.

Infotaula de personaIan Anderson

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Ian Scott Anderson Editar o valor em Wikidata
10 de agosto de 1947 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Dunfermline, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónBlackpool Grammar School (en) Traducir
George Watson's College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor , compositor de cancións , cantautor , flautista , cantante , guitarrista , saxofonista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1962 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Jethro Tull (1968–2012) Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica rock Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
TesituraBarítono Editar o valor em Wikidata

InstrumentoGuitarra, frauta travesa, Frauta doce e voz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoChrysalis
Island Records Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webjethrotull.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0026815 Youtube: UC920MdLghXzI3oXHhlp7N1w Spotify: 7871fSXc37bZiC4UXaY35j iTunes: 2422169 Last fm: Ian+Anderson Musicbrainz: 12fffb1f-39af-4efe-9426-92e05bb651d1 Songkick: 55024 Discogs: 85485 Allmusic: mn0000086627 WikiTree: Anderson-18194 Deezer: 12338 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Instrumentos editar

Anderson toca varios instrumentos como a guitarra eléctrica e acústica, o baixo, o bouzouki, a balalaika, o saxofón, a harmónica ou varios tipos de whistles.

Como frautista, Anderson é autodidacta: o seu estilo, moitas veces baseado en gran medida do lingua aleteada (frullato), e ocasionalmente cantando e tarareando mentres tocaba, estivo influenciado por Roland Kirk.

Estilo e influencias editar

A súa famosa pose de tocar cunha soa perna chegou por casualidade: estivera tocando a harmónica nunha perna para poder suxeitar o soporte do micrófono coa outra, e un xornalista describiuno por erro como o frautista que tocaba unha perna no Marquee de Londres. Decidiu aproveitar esa fama aínda que con certa dificultade ao principio. Máis tarde sorprenderíalle ver imaxes de varias iconas divinas tocando a frauta nunha soa perna como Krishna e Kokopelli.

A pesar de ter publicado un pequeno número de discos aclamados e de ter feito incontables aparicións con outros artistas, sempre foi identificado como o líder de Jethro Tull. A súa imaxe, sen dúbida, estivo ligada a dita formación coa que foi abandeirado da cultura rock.

O estilo da súa música mestura folk, jazz, blues, rock e pop. As súas letras adoitan ser complexas, cheas de trabalinguas, críticas ácidas á sociedade e á relixión, ou alegorías de fantasía e/ou país ou vida medieval. No documental de DW Eine Welt ohnen Beethoven?, Ian Anderson recoñeceu que o músico alemán é unha das influencias non só na súa música senón en todo o rock e outras músicas actuais.[1]

Actividade empresarial editar

Anderson posúe máis de corenta granxas de salmón, moitas delas en Chile.[2][3]

Saúde editar

Anderson anunciou que padece EPOC debido en parte á exposición ás máquinas de fume nos concertos. Sobreviviu a unha perigosa trombose sufrida tras un voo en avión comercial en precarias condicións de espazo e mobilidade. A súa voz viuse resentida e nos seus concertos prohibe totalmente que se fume.[4]

Notas editar

  1. Welle (www.dw.com), Deutsche. "Eine Welt ohne Beethoven? DW-Dokumentation startet". DW.COM (en alemán). Consultado o 2022-12-11. 
  2. "Fame & Fortune: Jethro Tull's Ian Anderson". www.telegraph.co.uk. Consultado o 2022-12-11. 
  3. Martorell, Núria (2016-05-02). "Ian Anderson, el flautista del salmón". elperiodico (en castelán). Consultado o 2022-12-11. 
  4. "Ian Anderson: "No tengo inconveniente en ser una leyenda"". gara.naiz.eus. Consultado o 2022-12-11. 

Véxase tamén editar