AISat
AISat é un satélite artificial da axencia espacial alemá DLR lanzado o 30 de xuño de 2014 mediante un foguete PSLV-CA desde o Centro Espacial de Sriharikota, na India.[5][2][4]
AISat | |
---|---|
Tipo | Experimental |
Organización | DLR |
Data de lanzamento | 30 de xuño de 2014[1][2][3][4] |
Foguete portador | PSLV-CA[5][2] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Sriharikota[5][2] |
Obxectivo da misión | Proba dun sistema de identificación marítima automática[5][2][4] |
NSSDC ID | 2014-034B |
Masa | 14 kg[5][2][4] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7008 km[1] |
Inclinación | 98,4 graos[1] |
Apoapse | 645,2 km[1] |
Periapse | 629,0 km[1] |
Características editar
A misión de AISat era probar un sensor experimental para o sistema de identificación automática de buques (AIS polas súas siglas en inglés) en órbita baixa. O satélite está baseado na plataforma experimental CLAVIS de DLR, con forma de cubo e alimentado por células solares. Ten unha masa total de 14 kg.[5][2]
O receptor AIS que AISat leva a bordo dispón dunha antena en hélice que tamén serve para estabilizar o satélite mediante gradente gravitatorio.[5][2]
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "AISAT" (en inglés). 2011. Consultado o 17 de xullo de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (27 de abril de 2022). "AISat" (en inglés). Consultado o 17 de xullo de 2022.
- ↑ "Note verbale dated 21 July 2014 from the Permanent Mission of Germany to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (V.14-04967 (E)): 2. 29 de xullo de 2014. Consultado o 17 de xullo de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Mark Wade (2022). "Aisat" (en inglés). Consultado o 17 de xullo de 2022.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "AISat 1" (en inglés). Consultado o 17 de xullo de 2022.