O ano 1 (I) foi un ano común comezado en sábado ou domingo (as fontes difiren) do calendario xuliano, un ano común comezado en sábado do calendario xuliano proléptico, e o primeiro ano Anno Dómini ou da era común. É o primeiro ano do primeiro milenio e do século I.

1
Calendario gregoriano1
I
Ab urbe condita754
Calendario armenioN/A
Calendario chinés2697 – 2698
Calendario hebreo3761 – 3762
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat56 – 57
 ·  Shaka SamvatN/A
 ·  Kali Yuga3102 – 3103
Calendario persa621 BP – 620 BP
Calendario musulmán640 BH – 639 BH
Calendario rúnico251
Década de 1
4 a. C. 3 a. C. 2 a. C. 1 a. C. 1 2 3 4 5

Acontecementos editar

Bohemia - Moravia - Silesia editar

  • O príncipe dos marcomanos, Marbod, funda o primeiro reino independente dos xermanos de Bohemia, Moravia e Silesia. Marbod posúe unha facultade para a estratexia e a táctica, con iso consegue poñer en pé de guerra a máis de 70 000 soldados de infantaría e 4 000 xinetes. O seu reino convértese nunha ameaza para Roma e as súas aspiracións hexemónicas e expansionistas.

Breves editar

  • Co emperador Ping principia a era Yuanshi da dinastía Han na China. Segundo outros historiadores, neste ano morre o emperador Ping Ti e sobe ao poder, Wang Mang, (que fora ministro da guerra de Ping dende 8 a. C.), acusado de haber ordenado o asasinato do primeiro.
  • Confucio, recibe, a título póstumo, o seu primeiro título real: Señor de Baochengxun Ni.
  • Introdúcese o Budismo na China.
  • A seda fai a súa aparición en Roma.
  • De acordo co Evanxeo segundo San Mateu tivo lugar o Masacre dos inocentes.
  • Gaio César é elixido cónsul romano.
  • Ovidio escribe Metamorfoses.
  • Augusto nomea a Ariobazano II como rei de Armenia.
  • Estímanse os comezos da civilización mochica no norte do Perú.
  • Probable estimación na que os hindú-budistas do sueste de Asia comezan a colonizar Sumatra e Xava; citada colonización non rematará ata finais de século.

Nacementos editar

Mortes editar

Outros editar

Imperio Romano editar

  • Ao longo de todo o século I fanse máis notables os acuedutos. Para levar auga potable, moitas cidades do Imperio Romano tiñan que traela dende distancias a miúdo considerables. O máis antigo acueduto de Roma fora construído por Apio Claudio Caecus (no ano 312 a.C.). Estas primeiras conducións aproveitaban o simple sistema do desnivel, polo que case sempre os construtores tiñan que afrontar grandes dificultades. Os vales eran salvados con canalizacións tendidas sobre a ponte; desta maneira evitábase que a presión da auga fose forte. Os acuedutos romanos eran obras mestras da arquitectura técnica. Co fin de logra-la altitude e estabilidade desexada, poñíanse varios pisos de arcadas; polo que os arcos, superpostos, apuntalábanse na construción xa que aínda non se dominaba a técnica dos piares de grande altitude.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar