Ping é unha utilidade de rede de computadores que permite comprobar as conexións entre varios hosts. O comando ping emprega os paquetes de solicitude de eco e resposta coa fin de determinar se un sistema cun enderezo IP determinado está presente na rede.