Ácido linolelaídico

composto químico

O ácido linolelaídico[2] (tamén ácido linoelaídico[3][4]) é un ácido graxo trans omega-6 que é un isómero xeométrico do ácido linoleico. Encóntrase en aceites vexetais parcialmente hidroxenados.

Ácido linolelaídico[1]
Identificadores
PubChem 5282457
ChemSpider 4445609
ChEMBL CHEMBL93204
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C18H32O2
Masa molecular 280,45 g/mol
Punto de fusión −5 °C
Punto de ebulición 229-230 °C a 16 mmHg

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

Os ácidos graxos trans clasifícanse como conxugados e non conxugados, o que se corresponde xeralmente coa presenza neles dos elementos -CH=CH-CH2-CH=CH- e -CH=CH-CH=CH-, respectivamente. O ácido linolelaídico xunto co ácido elaídico son representantes dos ácidos graxos trans non conxugados. A súa presenza está asociada con enfermidades cardíacas. O ácido graxo trans ácido vaccénico, que é de orixe animal e se encontra no leite humano, non ten ese risco para a saúde.[5]

Notas editar

  1. Linolelaidic acid en chemexper.com
  2. Sigma Aldrich Linolelaidic acid
  3. Terminum Plus Translation Bureau Canada Arquivado 01 de febreiro de 2014 en Wayback Machine.
  4. PubChem compound trans-9,trans-12-Linoleic acid ; 9E,12E-octadecadienoic acid
  5. Park, Yeonhwa "Conjugated linoleic acid (CLA): Good or bad trans fat?" Journal of Food Composition and Analysis 2009, vol. 22, S4-S12. doi 10.1016/j.jfca.2008.12.002