Abrir o menú principal

Zuzzu foi rei probabelmente de Kanis (Kaniš ou Kanish) que levaba o título de rubaum e gran rei de Alahzina. Atopouse un selo deste rei. O seu rabi simmiltim (xefe da corte) chamábase Eštar-ibra e seguindo o costume era probabelmente o seu fillo.

Neste tempo Kaniš foi destruída, probabelmente ao cabo do seu reinado, polo rei de Salatiwara ou Šalatiwara. Con Kanis vai desaparecer a última colonia asiria en Anatolia. Poucos anos despois Kanis foi unha das principais cidades do Imperio Hitita (Imperio Hitita Antigo).