Zsófia Torma

arqueóloga húngara

Zsófia Torma, nada en Csicsókeresztúr (Beszterce-Naszód, Imperio Austrohúngaro) o 26 de setembro de 1832 e finada o 14 de novembro de 1899, foi unha arqueóloga, antropóloga e paleontóloga húngara.[1][2]

Infotaula de personaZsófia Torma

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de setembro de 1832 Editar o valor em Wikidata
Cristeștii Ciceului, Romanía (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte14 de novembro de 1899 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Orăștie, Romanía (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeHungría Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónantropóloga , historiadora , prehistoriador , arqueóloga , paleontóloga , etnólogo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua húngara Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJózsef Torma (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsKároly Torma (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

A súa educación foi en gran parte autodidacta . Os símbolos e escritos que atopou nunha escavación en Hunyad foron unha sensación arqueolóxica. Tamén atopou artefactos da cultura Tordos, de 6000 a 7000 anos de antigüidade, algúns dos cales contiñan símbolos de Vinča .

A súa obra máis coñecida, Ethnographische Analogien, publicouse en Jena en 1894.

Torma tivo un papel relevante na fundación do Museo Nacional de Historia de Transilvania en Kolozsvár (actual Cluj-Napoca ), ao que legou a súa colección arqueolóxica no seu testamento.

Recoñecementos editar

O 24 de maio de 1899 foi a primeira muller nomeada doutora honoris causa de Kolozsvári m. kir. Ferencz József Tudomány Egyetem Bölcsészeti kara, actual Universidade Babeș-Bolyai .

Notas editar

  1. DR. ZSÓFIA TORMA THE FIRST FEMALE MAGYAR (HUNGARIAN) ARCHEOLOGIST
  2. Coltofean, Laura. 2017. "Zsófia Torma: A pioneer of prehistoric archaeology in nineteenth-century Transylvania". In: 2017, Adalbert Cserni and his contemporaries. Pioneers of Archaeology of Alba Iulia and Beyond

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar