Zorza
A zorza, xorza ou amoado é a carne, xeralmente de porco, picada e adubada, fundamentalmente con pemento, allo e sal, coa que se fan os chourizos[1].
A zorza ademais adoita frixirse en aceite e servirse coma tapa no noroeste peninsular[2].
É un prato típico galego, mais tamén asturiano, leonés, soriano, segoviano, abulense, palentino, valisoletano e burgalés[3], onde se coñece co nome castelán de picadillo. Sérvese como tapa quente en pratos acompañado de patacas e dun cacho de pan, viño, sidra ou cervexa.
Rosalía de Castro xa falaba da zorza en 1863 nos seus Cantares gallegos:
- ...frixolada! Fígado con cebola ben frixida i unha folliña de laurel cheirosa, qu'inda a un morto ben morto dera vida de tan rica, tan tenra e tan sabrosa; Raxo en sorsa[4] cun cheiro que convida, i a sangre das morcillas sustanciosa en fregada caldeira rebotando, a que fagan morcillas convidando.[5].
Notas
editar- ↑ "Definición en Portal das Palabras". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2014. Consultado o 18 de outubro de 2014. Arquivado 18 de outubro de 2014 en Wayback Machine.
- ↑ VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
- ↑ El Habla de Sandoval de la Reina. Jijas. Arquivado 24 de outubro de 2014 en Wayback Machine. Julio Alonso Asenjo. 2004-2014
- ↑ Nota: Rosalía recolle o termo co seseo propio da zona de Santiago.
- ↑ Texto de Rosalía no Tesouro Informatizado da Lingua Galega
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zorza |