Zona mixta de Navarra

zona linguística de España

A zona mixta de Navarra é, segundo a Lei foral do éuscaro, unha das tres zonas lingüísticas da Comunidade Foral de Navarra. Este ámbito comprende aproximadamente os municipios situados no centro de Navarra. O éuscaro é a lingua oficial nesta rexión, xunto co castelán. Como a lei sufriu varias modificacións nas últimas décadas, algúns concellos incorporáronse posteriormente á zona mixta, a maior parte deles en 2017.

Distribución por concellos das zonas euscalduna, mixta e non euscalduna trala reforma de 2017.

Mentres as administracións públicas doutras comunidades autónomas apostaban pola protección das súas linguas estabelecendo unha lexislación normalizadora en todo o seu territorio, Navarra, pola súa banda, creou un réxime específico. Consiste en potenciar o éuscaro en dous ámbitos: a zona mixta e a zona euscalduna.

A Lei foral do éuscaro establece no capítulo III do ensino da zona mixta que: Artigo 25

1) A introdución do éuscaro no ensino farase de forma gradual, progresiva e suficiente, nos centros de ensino, mediante a creación de seccións nas que se impartirá o ensino en éuscaro para quen o solicite.[1]

2) Nos sectores do ensino non universitario, o alumnado que así o desexe recibirá cursos de éuscaro para que, ao rematar a súa escolaridade, teñan un nivel de coñecemento suficiente nesta lingua.

Estudo sociolingüístico de 2018

editar
 
Dominio do éuscaro por ámbito lingüístico (2018).

Segundo os datos de 2018, o 14,1% da poboación de Navarra sabía éuscaro, o 8% era euscaldún receptivo e o 77,9% non sabía éuscaro. En comparación coas cifras de sete anos antes, o número de persoas que non sabían éuscaro aumentou.[2]

  1. «ZER DIO LEGEAK?», Berria, 2 de outubro de 2014
  2. "Azterketa soziolinguistikoa" (PDF). Goberno de Navarra (en eus). 2018. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar