Zipplanda ou Ziplanda foi unha cidade hitita de situación descoñecida pero incluída no reino de Hakpis que fora destruída polos kaska cando se creou o reino alá polo -1300. Foi restaurada e repoboada por Hattusilis III entre dez e quince anos despois da creación do reino.