Ziguinchor é a capital da rexión natural de Casamanza e da rexión administrativa de Ziguinchor no Senegal. A súa poboación é duns 153 269 habitantes (censo do 2001).

Situación de Ziguinchor no Senegal
Situación de Ziguinchor no Senegal

Casamanza tratou de obter a autonomía do goberno central en Dakar, isto é un dos motivos para que exista un movemento separatista na rexión de Casamanza (ou Casamance).

Ziguinchor está situado no suroeste do Senegal á beira do río Casamanza e a uns 70 km do océano Atlántico.
Está conectada con Dakar por estrada, por barco e por avión, converteuse nun centro comercial e industrial en moitos mercados, posuíndo unha gran fábrica de procesamento de aceite de cacahuete.

A cidade foi fundada en 1645 polos portugueses, o nome da cidade derivaría precisamente da frase Cheguei e choram, xa que os nativos conturbáronse ao estabelecerse a colonia portuguesa e saber que esta sería un centro de tráfico de escravos. Foi vendida por Portugal a Francia en 1888, estado que se converteu no seu administrador comercial, explotando especialmente o cultivo de cacahuete e anexionouno á colonia francesa do Sénegal.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar