Zeiformes
Os Zeiformes (Zeiformes) son unha orde de peixes teleósteos, da superorde Acantopterixios (Acanthopterygii), constituída por especies de augas profundas de tódolos océanos.
O nome procede do deus grego Zeus, quizais pola semellanza da aleta dorsal, cos seus longos raios, coa coroa do deus.
Características
editarPresentan un corpo alto e comprimido, de silueta oval e cunha gran cabeza. A liña lateral é curva no centro dos costados. Normalmente, a mandíbula é moi distensible.
Posúen dúas aletas dorsais, con 5 a 10 espiñas, e dúas aletas anais con ningunha a 4 espiñas; as aletas pelvianas poden ter unha espiñas ou ningunha. A aleta caudal é homocerca, con -normalmente- 11 raios ramificados.
Clasificación
editarDivídense en sete familias cunhas 33 especies:
- Suborde Caproidei:
- Familia Caproidae
- Suborde Cyttoidei:
- Familia Cyttidae
- Suborde Zeioidei:
- Familia Grammicolepididae
- Familia Oreosomatidae
- Familia Parazenidae
- Familia Zeidae
- Familia Zenionidae
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zeiformes |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Zeiformes |