Zayn Malik
Zain Javadd "Zayn" Malik, nado o 12 de xaneiro de 1993, coñecido simplemente como Zayn, é un cantautor británico.
Zayn Malik | |
---|---|
![]() Malik en 2015 | |
Nome completo | Zain Javadd Malik (Urdu: زین جواد ملک) |
Nacemento | 12 de xaneiro de 1993 (29 anos) |
Orixe | Bradford, West Yorkshire, Inglaterra |
Ocupación |
|
Xénero | |
Instrumento(s) |
|
Selo(s) discográfico(s) | |
Tempo en activo | 2010–presente |
Na rede | |
inzayn | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
TraxectoriaEditar
Nado e criado en Bradford, West Yorkshire, Malik fixo unha audición como solista no concurso Factor X no 2010. Ao ser eliminado, Malik, xunto a outros catro concursantes expulsados, formou a boy band coñecida como One Direction. Malik deixou a agrupación en marzo de 2015 e firmou un contrato como solista co selo RCA Records.
Adoptou un estilo alternativo e R&B co seu álbum debut Mind of Mine (2016) e a canción principal deste, "Pillowtalk". Malik converteuse no primeiro artista británico en debutar na primeira posición no Reino Unido e nos Estados Unidos simultaneamente. Malik recibiu numerosos galardóns nos American Music Awards, Billboard Music Awards e os MTV Video Music Awards. En decembro de 2018, lanzou o seu segundo álbum, Icarus Falls.