Unha zapata é un tipo de cimentación superficial, que pode ser empregada en terreos razoablemente homoxéneos e de resistencias a compresión medias ou altas. Consiste nun ancho prisma de formigón situado baixo os piares da estrutura. A súa función é transmitirlle ao terreo as tensións ás que está sometido o resto da estrutura e ancorala.

Debuxo esquemático de alicerces con zapatas.

Cando non é posible empregar zapatas debe recorrerse á cimentación por estacas ou placas de cimentación.

Tipos de zapatas editar

Existen varios tipos de zapatas en función de se servirán de apoio a un ou varios piares ou ben a muros. Para piares individuais úsanse zapatas illadas, para dous piares, zapatas combinadas, e para fileiras de piares ou muros, zapatas corridas.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar