Zabiullah Mujahid

Zabiullah Mujahid (en paxto: ذبیح الله مجاهد‎; Ẕabīḥullāh Mujāhid) é o portavoz oficial do réxime talibán, autodenominado como Emirato Islámico de Afganistán.[1] Aínda que foi designado en 2007, non foi ata o 17 de agosto de 2021 que apareceu en público.[2][3]

Infotaula de personaZabiullah Mujahid

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de febreiro de 1978 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Gardez District, Afganistán (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Deputy Minister of Information and Culture Afghanistan (en) Traducir
7 de setembro de 2021 –
Taliban spokesman (en) Traducir
xaneiro de 2007 –
← Muhammad Hanif (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAfganistán Editar o valor em Wikidata
RelixiónSunnismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónportavoz Editar o valor em Wikidata
Partido políticoTalibán Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua paxta e Lingua dari Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm6940865 Twitter: zabehulah_m33 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Identidade editar

As vagas informacións sobre a súa vida foron dadas polo propio Mujahid en diferentes entrevistas feitas por teléfono móbil. Fala de forma fluída tanto persa como paxto.[4][3] Preséntase como un home afgán de mediana idade, casado e con varios fillos. Afirma ter estudos relixiosos malia a que non indica onde os cursou alegando razóns de seguridade. Durante o primeiro goberno talibán, ocupou un posto de baixo nivel no Ministerio de Cultura e Información. Logo da intervención estadounidense, uniuse os insurxentes e en 2007 foi nomeado voceiro logo da detención do anterior.[5][6]

Un home que afirmaba ser Mujahid foi entrevistado polo reporteiro da CNN, Nic Robertson, a comezos de 2009. A cámara non filmou o seu rostro pois a entrevista se fixo de costas. Robertson describiu o como unha persoa duns 30 anos, de barba e cunha altura duns 180 cm.[7] Tras a emisión da entrevista, Zabiullah Mujahid dixo por teléfono a algúns xornalistas que o entrevistado non era el senón un impostor. Dende entón non fixo entrevistas para a televisión preferindo as chamadas telefónicas.

Dubidouse se Zabiullah Mujahid era unha persoa real ou se era un nome empregado polos portavoces talibáns. En 2011, a Dirección Nacional de Seguridade, a axencia de intelixencia de Afganistán, identificouno como un labrego de Baluchistán (Paquistán) de 44 anos chamado Haji Ismail, algo que foi desmentido por Mujahid.[8]

Portavoz talibán editar

Como voceiro foi o responsable de confirmar ou negar os ataques talibáns en Afganistán e outras informacións relevantes, sobre todo das zonas leste, norte e centro do país. Empregou como canles de comunicación mensaxes de texto, chamadas telefónicas, chíos en Twitter, correos electrónicos e entradas en webs xihadistas. En 2011 desmentiu a presunta morte do líder talibán, o mulá Omar,[9] pero, en 2015, foi el quen anunciou o falecemento do líder talibán "debido a unha enfermidade".[10]

Ademais, tamén publicou vídeos de propaganda en Twitter amosando os logros militares dos talibáns. Deste xeito, en 2017 reivindicou un atentado suicida contra unha base militar que casou 140 mortes, en 2019, outro ataque contra un campo de adestramento da Dirección Nacional de Seguridade, e outro en 2020 contra a outra base do exército afgán que causou 30 mortes.[11][12][13]

Tamén concedeu unha entrevista o xornal El Mundo, en 2017, na que xustificou o asalto dun comando talibán á embaixada española en Cabul. O ataque resultou coa morte de dous españois, afirmando que se pretendía rematar co departamento de intelixencia da embaixada.[14]

O 17 de xullo de 2021, Mujahid disculpouse pola morte do xornalista da axencia Reuters, Danish Siddiqui, quen foi asasinado nun enfrontamento entre as tropas do exército afgán e os talibáns. Mujahid afirmou que os talibáns non sabían como morrera Siddiqui, e pediu os xornalistas que os avisasen antes de entrar en zonas de guerra para poder "coidar axeitadamente dese individuo particular".[15]

O 17 de agosto de 2021, logo da toma de Cabul, Mujahid foi a cara visible do novo réxime talibán ao conceder unha rolda de prensa para medios locais e internacionais. A súa comparecencia resultou anovadora pois os talibáns foron tradicionalmente moi remisos a amosar a súa cara. Do contido da intervención destacou o anuncio de que se respectarían os dereitos das mulleres "dentro da lei islámica", unha amnistía para os que traballaron para os países estranxeiros e para administración afgá, e o compromiso de non protexer a Al Qaida ou outros grupos terroristas.[16][17][18] Estas declaracións foron acollidas con escepticismo pola comunidade internacional.[19][20]

En setembro de 2021, unha vez consumada a retirada dos Estados Unidos e anunciado o control do Panjshir, Zabiullah Mujahib, foi o voceiro que anunciou a conformación do goberno talibán, un executivo que definiu como "interino", con Mohammad Hasan Akhund.[21][22] O propio Majahib integrouse nel como viceministro de cultura e información.[23]

Tamén, o 2 de agosto de 2022, verbalizou a reacción de Afganistán logo do asasinato cun dron estadounidense do líder de Al Qaida, Ayman al Zawahiri, en Cabul.[24] Nun comunicado, Zabiullah Mujahib, confirmou os feitos e condenou a operación considerándoa unha violación aos Acordos de Doha.[25]

Notas editar

  1. "Afghanistan: Mysterious Taliban spokesman finally shows his face". BBC News (en inglés). 2021-08-17. Consultado o 2021-08-18. 
  2. "Taliban spokesman Zabihullah Mujahid vows they 'will not harm or threaten Afghanistan'". USA TODAY (en inglés). Consultado o 2021-08-18. 
  3. 3,0 3,1 "Taliban pledge peace, women's rights". The Express Tribune (en inglés). 2021-08-17. Consultado o 2021-08-18. 
  4. "Media matters: Part I". The World from PRX (en inglés). Consultado o 2021-08-18. 
  5. "Taliban spokesman arrested". www.aljazeera.com (en inglés). Consultado o 2021-08-18. 
  6. Nordland, Rod (2011-06-14). "One Voice or Many for the Taliban, but Pegged to a Single Name". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2021-08-18. 
  7. "Afghan Taliban spokesman: We will win the war - CNN.com". edition.cnn.com. Consultado o 2021-08-18. 
  8. Rivera, Ray; Gall, Carlotta (2011-05-23). "Rebutting Afghan Spy Agency, Taliban Say Their Leader Isn’t Dead". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2021-08-18. 
  9. "Taliban blames US for Mullah Omar death reports". BBC News (en inglés). 2011-07-20. Consultado o 2021-08-18. 
  10. CNN, Masoud Popalzai, Laura Smith-Spark and Eliott C. McLaughlin. "Taliban confirm Mullah Omar's death, name new leader". CNN. Consultado o 2021-08-18. 
  11. "Taliban kill more than 140 Afghan soldiers at army base". the Guardian (en inglés). 2017-04-22. Consultado o 2021-08-18. 
  12. Sediqi, Rupam Jain, Abdul Qadir (2019-01-21). "Taliban attack on Afghan security base kills over 100". Reuters (en inglés). Consultado o 2021-08-18. 
  13. "Suicide car bomb kills 30 Afghan security personnel". France 24 (en inglés). 2020-11-29. Consultado o 2021-08-18. 
  14. "Zabiullah Mujahid, portavoz de los talibán: "Atacamos a España porque hacía labores de inteligencia"". ELMUNDO (en castelán). 2017-07-16. Consultado o 2021-08-18. 
  15. "'We are sorry': Taliban denies role in photojournalist Danish Siddiqui’s death, says report". Hindustan Times (en inglés). 2021-07-17. Consultado o 2021-08-18. 
  16. "Transcript of Taliban’s first news conference in Kabul". www.aljazeera.com (en inglés). Consultado o 2021-08-18. 
  17. "O portavoz dos talibáns asegura que respectarán os dereitos da muller baixo a lei islámica" (crtvg.gal). Consultado o 18-8-2021. 
  18. "Afghan women to have rights within Islamic law, Taliban say". BBC News (en inglés). 2021-08-17. Consultado o 2021-08-18. 
  19. "Uncertainty looms for Afghan women despite Taliban outreach". AP NEWS (en inglés). 2021-08-17. Consultado o 2021-08-18. 
  20. "Les Talibans s’engagent auprès de RSF à respecter la liberté de la presse, mais comment les croire ?". Reporters sans frontieres. 
  21. "Taliban form all-male Afghan government of old guard members". AP NEWS (en inglés). 2021-09-07. Consultado o 2021-09-07. 
  22. "Os talibáns anuncian un goberno interino, todos membros da milicia islamita". www.crtvg.es (crtvg.gal). Consultado o 2021-09-07. 
  23. "Taliban Announces Head of State, Acting Ministers". TOLOnews (en inglés). Consultado o 2021-11-03. 
  24. "Joe Biden anuncia a morte do líder de Al Qaeda nunha operación antiterrorista cun dron en Cabul". G24. Consultado o 2022-08-02. 
  25. "US killing al-Zawahiri in Kabul a violation of Doha pact: Taliban". www.aljazeera.com (en inglés). Consultado o 2022-08-02.