Yvonne Brill

científica canadense

Yvonne Madelaine Brill (de nacemento Claeys), nada en Winnipeg o 30 de decembro de 1924 e finada o 27 de marzo de 2013, foi unha enxeñeira aeroespacial canadense-estadounidense.[1] Durante a súa vida profesional participou en diferentes programas espaciais dos Estados Unidos, incluíndo a NASA e o International Maritime Satellite Organization.[2][3]

Infotaula de personaYvonne Brill

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Yvonne Madelaine Claeys Editar o valor em Wikidata
30 de decembro de 1924 Editar o valor em Wikidata
St. Vital, Canadá (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte27 de marzo de 2013 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Princeton, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de mama Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeCanadá
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Manitoba (pt) Traducir - matemáticas (valor descoñecido–1945)
Universidade do Sur de California - química (valor descoñecido–1951) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoRocket science (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónquímica , inventora , técnico , enxeñeira Editar o valor em Wikidata
EmpregadorInternational Mobile Satellite Organization (pt) Traducir
United Aircraft (pt) Traducir
Curtiss-Wright (pt) Traducir
Marquardt Corporation (en) Traducir
NASA
Douglas Aircraft Company
FMC Corporation (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Claeys-409 Find a Grave: 107634169 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Os seus pais eran inmigrantes belgas. Estudou na Universidade de Manitoba onde foi disuadida de estudar enxeñaría por ser muller, motivo polo que estudou química e matemáticas.[4]Tras graduarse integrouse no proxecto RAND, enfocado no deseño e construción dos primeiros satélites sen tripulación, foi neste momento que comezou a traballar en propulsión.

Vida profesional editar

O traballo de Brill en sistemas de propulsión contribuíu a desenvolvementos significativos. Desenvolveu o concepto para un novo motor de foguete, un sistema de propulsión con hidracina que mantén a un satélite nunha órbita xeoestacionaria fixa durante máis tempo que outros métodos e cunha carga útil maior. É o sistema de propulsión que empregan os satélites de comunicacións para manterse en órbita.[5]

Tamén estivo involucrada no sistema de propulsión de TIROS (Television Infrared Observation Satellite) o primeiro satélite meteorolóxico.

Foi xerente de propulsión da nave espacial NOVA, un satélite que proporcionaba numerosos datos para a Mariña, e no que logrou implementar un sistema de propulsión de plasma de pulso, algo moi pouco común nese entón.[6]

Brill faleceu por complicacións do seu cancro de peito en Princeton, New Xersei, o 27 de marzo de 2013.[7]

Premios e recoñecementos editar

En 1980, Harper's Bazaar e DeBeers Corporation outorgáronlle o seu premio Diamond Superwoman á súa carreira profesional. En 2001 foi galardoada coa Medalla de Servizo Público Distinguido da NASA. Brill recibiu o Premio American Institute of Aeronautics and Astronautics (AIAA) en 2002 e a Medalla John Fritz da American Association of Engineering Societies (AAES) en 2009. En 2011, o presidente Barack Obama outorgoulle a Medalla Nacional de Tecnoloxía e Innovación.[8]

Foi elixida para a Academia Nacional de Enxeñaría en 1987. Foi nomeada membro da Sociedade de Mulleres Enxeñeiras (SWE) en 1985 e recibiu o seu máis alta honra, o Premio ao Logro, o ano seguinte.

A cátedra Yvonne C. Brill do Instituto Americano de Aeronáutica e Astronáutica (AIAA) noméase na súa honra e preséntase anualmente.[9]

Notas editar

  1. "La ingeniera aeroespacial Yvonne Brill: ¡Hasta el infinito y más allá!". Mujeres con ciencia (en castelán). 2020-02-27. Consultado o 2021-04-21. 
  2. QMI AGENCY, "Pioneer Canadian rocket scientist dead at age 88", The Toronto Sun, marzo 27, 2013
  3. Invent Now, "HALL OF FAME/ Inventor Profile" Arquivado 07 de abril de 2013 en Wayback Machine., Invent Now, 27 de marzo, 2013
  4. Gannon, Megan. "Pioneering Rocket Scientist Yvonne Brill Dies at 88". Space.com. Consultado o 12 de marzo de 2014. 
  5. United States Patent and Trademark Office, "Yvonne C. Brill, RCA Astro Electronics", United States Patent and Trademark Office, Accessed 30 de marzo, 2013.
  6. Clark, Alexa (2 de abril de 2018). "Yvonne Brill: Pionera en Rocket Science #MujeresQueInspiran" (en inglés). Consultado o 26 de xaneiro de 2020. 
  7. Martin, Douglas. "Yvonne Brill, a Pioneering Rocket Scientist, Dies at 88", The New York Times, marzo 31, 2013.
  8. "Award Guide and Past Recipients". Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2013. Consultado o 26 de xaneiro de 2020.  Arquivado 11 de maio de 2013 en Wayback Machine.
  9. "Ms. Yvonne C. Brill". Consultado o 26 de xaneiro de 2020.