Yung Beef

cantante español

Fernando Gálvez Gómez, nado en Granada o 23 de xaneiro de 1990, é un cantante e produtor de trap e reguetón español máis coñecido polo seu nome artístico Yung Beef. É membro do grupo Los Santos (antes PXXR GVNG) e de La Mafia del Amor, a súa variante latina/salseira/reguetoneira. É un dos fundadores do selo discográfico La Vendición, xunto con outros artistas do movemento.

Infotaula de personaYung Beef
Biografía
Nacemento(es) Fernando Gálvez Gómez Editar o valor em Wikidata
23 de xaneiro de 1990 (34 anos)
Granada, España
Datos persoais
Outros nomesYung Beef Editar o valor em Wikidata
ResidenciaMadrid, España
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2010 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Pxxr Gvng (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoTrap, reguetón
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoLa Vendición Records (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
Fillos2

Páxina webyungbeef.com Editar o valor em Wikidata
Facebook: yungbeeflospobres Twitter: secoweedcodein Instagram: ricosuaveyatusabe Bandcamp: yungbeefie Spotify: 1rTUwYS38LkQTlT2fhikch Musicbrainz: 505e16b2-ef1b-42cc-b323-1a9664bcf69a Songkick: 8697813 Discogs: 4993728 Allmusic: mn0003923107 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Yung Beef naceu e viviu gran parte da súa vida en Granada, onde de pequeno viviu na pobreza, véndose obrigado a buscarse a vida como lle fose posible.

Traballou desde pequeno; aos 13 anos xa recollía chatarra xunto ao seu tío nas rúas de Granada e os seus arredores. Aos 16 anos xa estaba fóra do instituto, e ao cabo dun ano xa estaba a traballar no sector da hostalaría en Marsella. Durante esta época tamén traballou nos sectores hoteleiro e turísticos en Londres. Foi nestes dous sitios onde expandiu o seu afán musical polo movemento underground do hip hop.

2010-2013: Inicios musicais, Pxxr Gvng e La Mafia del Amor editar

Comezou a súa carreira na música con Kefta Boyz en 2010. Lanzou en 2013, o seu mixtape: A.D.R.O.M.I.C.F.M.S. Ese mesmo ano, formou o grupo Pxxr Gvng (actual Los Santos), e en 2014 La Mafia Del Amor, cos rapeiros Kaydy Cain, Khaled, e o produtor uruguaio Steve Lean.

A súa carreira continuou logo de mudarse a Barcelona coa PXXR GVNG, grupo pioneiro do trap español formado por Gálvez, Khaled, Steve Lean e Kaydy Cain, onde no verán de 2014, lanzaron o LP Los pobres coa multinacional Sony Music. O álbum foi un dos mellores 50 discos nacionais da década pola revista Rockdelux. Conta con homenaxes a Camarón, ao Cigala e mencións a padriños do hip hop americano como Gucci Mane ou Chief Keef.

2017-2018: Traumatismo Kraneoencefalico editar

En 2017 e 2018 lanzou os discos "ADROMICFMS 2", "Perreo de la muerte" e "Kowloon". Comezou a publicar cancións en solitario baixo o selo discográfico La Vendicion Records e na promoción da súa mixtape A.D.R.O.M.I.C.F.M.S. 4, que se publicou o 1 de febreiro de 2018. Foi elixido o 27º mellor disco nacional da década pola revista Rockdelux, superando a LP debut Los pobres.

O álbum foi promocionado polo sinxelos «Infierno» e «Me Perdí en Madrid», nun disco que case exclusivamente está formado por cancións de trap. En 2018, publicou outros dous mixtapes: The Plugg Mixtape o 3 de agosto, coa participación de Papi Trujillo, Soto asa e Pablo Chill-e, entre outros, e Traumatismo Kraneoencefalico o 14 de decembro, que contou coa colaboración de Goa.

2019-presente: Novas versións de Perreo de la muerte editar

O artista colabora novamente con Primavera Sound cun escenario propio para visibilizar artistas emerxentes como La Albany e Ian Isiah en 2019; o escenario tamén contaría con artistas do xénero urbano como DJ Playero.

En 2020, publicou "Perreo de la muerte 2"[1] e a súa continuación "Perreo de la Muerte 2.5".[2] Para a súa promoción embarcouse nunha xira en cidades como Barcelona, Madrid e Granada, e lanzou os temas «Camino solo» con Soto Asa e o remix de «Soy Bichote». Posteriormente, publicou Shishi Plugg, un mixtape en colaboración co rapeiro chileno Pablo Chill-e. No disco, formaron parte diversos produtores e artistas como: Papi Trujillo, PipoBeatz, Pochi, entre outros.[3]

Outros proxectos editar

Exerceu como modelo de Calvin Klein en eventos internacionais.[4] Apareceu en 2016, no anuncio FALL da marca no que aparece xunto a Zoë Kravitz, Frank Ocean e Young Thug. Ademais, participou en diferentes eventos relacionados co mundo da moda, desfilando en pasarela na semana da Moda de París e de Madrid para marcas como Pigalle e Hood By Air.[5] Tamén desfilou para Versace nunha ocasión.

Vida privada editar

En 2016 tivo un fillo chamado Romeo con ‘La Zowi’, quen á súa vez é cantante de trap.[6]

Discografía editar

Álbums editar

  • 2013: A.D.R.O.M.I.C.F.M.S. 1
  • 2014: #Freemolly
  • 2015: Trunks Future Bricks
  • 2015: Perreo de la muerte
  • 2015: A.D.R.O.M.I.C.F.M.S. 2
  • 2018: Grandes clásicos
  • 2018: A.D.R.O.M.I.C.F.M.S. 4
  • 2018: El Plugg Mixtape
  • 2018: Traumatismo Kraneoencefalico
  • 2019: Perreo de la muerte 2
  • 2020: Perreo de la muerte 2.5
  • 2020: Shishi Plugg
  • 2020: Lágrimas
  • 2020: Sonrisas

EPs editar

  • 2015: Ballin Non Champions League 2K15 - EP
  • 2015: Strap Wars - EP
  • 2016: Fashion Mixtape
  • 2017: Kowloon Mixtape
  • 2019: Beef Jay

Notas editar

  1. "Yung Beef, crítica de us mixtape “Perreo de la muerte 2” (2019)". MondoSonoro (en castelán). 2019-09-23. Consultado o 2020-11-18. 
  2. "Yung Beef crítica de Perreo de la Muerte 2.5 (2020)". MondoSonoro (en castelán). 2020-03-09. Consultado o 2020-11-18. 
  3. "Yung Beef & Pablo Chill-E, crítica de su Shishi Plugg (2020)" (en castelán). 2020-05-07. Consultado o 2020-11-18. 
  4. "calvin klein reúne a yung beef, kate moss y bella hadid (entre otros) en su nueva campaña | watch | i-D". i-D (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2017. Consultado o 2 de marzo de 2017.  Arquivado 02 de marzo de 2017 en Wayback Machine.
  5. "Yung Beef desfila para Pigalle y Hood By Air en la semana de la moda de París" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2017. Consultado o 23 de novembro de 2017.  Arquivado 01 de decembro de 2017 en Wayback Machine.
  6. Sastre, Noelia (8 de setembro de 2018). "Chándal, 'brilli brilli' y uñas XXL: así son las jefas de los ritmos urbanos" (en castelán). Consultado o 15 de marzo de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar