YouPorn é un sitio web de difusión de vídeos pornográficos, similar na súa disposición ao YouTube.

Historia e características editar

Naceu no mes de agosto de 2006 e deveu o sitio pornográfico máis popular de Internet en novembro de 2007, é tamén unha dos sitios web máis visitados situándose no posto 49 segundo a clasificación de Alexa en novembro de 2008.

Son os propios usuarios os que soben os vídeos e permanecen a disposición dos outros usuarios durante algunhas semanas, a maior parte do material está composto de fragmentos de vídeos comerciais, anuncios de filmes e sitios porno e vídeos afeccionados. Os vídeos móstranse embebidos dentro da súa páxina no formato FLV.