Yelena Grigoryeva

Yelena Grigoryeva, nada en 1977/1978 e finada en San Petersburgo o 21 de xullo de 2019, foi unha activista dos dereitos humanos, e dos dereitos LGBTQ. Tamén se opuxo á anexión de Crimea pola Federación Rusa.[1][2][3]

Infotaula de personaYelena Grigoryeva
Nome orixinal(ru) Елена Григорьева Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1978 Editar o valor em Wikidata
Nóvgorod, Rusia Editar o valor em Wikidata
Morte21 de xullo de 2019 Editar o valor em Wikidata (40/41 anos)
San Petersburgo, Rusia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata (Arma branca Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeRusia
Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónActivista polos dereitos humanos , reporteira , activista LGBT , activista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata

Foi asasinada en San Petersburgo o 21 de xullo de 2019 despois de ser apuñalada e esganada por asaltantes descoñecidos. Información para a identificación de Grigoryeva apareceu en xullo nunha páxina web dun grupo que se facía chamar "Saw" en honor á franquía estadounidense de filmes de terror. O grupo alentou ós lectores a cazar, secuestrar e asasinar a unha lista de persoas LGBTQ+. A páxina web "Saw" foi bloqueada en Rusia pero unha nova lista de activistas, xornalistas e cidadáns LGBTQ+ está circulando en aplicacións de redes sociais e aplicacións de mensaxería no país, o que aínda anima a outros a asasinar persoas LGBTQ+ en Rusia.

Grigorieva publicara advertencias sobre o grupo "Saw" en Facebook, indicando que a rede rusa de LGBTIQ+ buscara sen éxito casos legais que rastrexaran as accións deste grupo. Tamén, coa axuda do seu avogado, recorreu en numerosas ocasións á policía en relación coas ameazas recibidas. Despois da súa morte, a policía rusa afirmou estar ó tanto destas alertas, pero que se referían só a disputas privadas e non a persecución política.[4] Grigorieva recibira ameazas pouco antes da súa morte e pideulle a unha amiga que coidara do seu gato se lle pasaba algo.[5]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar