Abrir o menú principal

Yayo Herrero

antropóloga, enxeñeira, profesora e activista ecofeminista española

Yayo Herrero López, nada en Madrid en 1965, é unha antropóloga, enxeñeira, profesora e activista ecofeminista española. É unha das investigadoras máis influentes no ámbito ecofeminista e ecosocialista a nivel europeo.[1]

Yayo Herrero
Yayo Herrero.jpg
Nome completoYayo Herrero López
Nacemento1965
 Madrid
NacionalidadeEspañola
OcupaciónProfesora e investigadora
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Yayo Herrero é Licenciada en Antropoloxía Social e Cultural, Enxeñeira Técnica Agrícola, Diplomada en Educación social e DEA en Ciencias da Educación.

Foi coordinadora estatal de Ecoloxistas en Acción e participou en numerosas iniciativas sociais sobre promoción dos Dereitos Humanos e ecoloxía social. Actualmente é profesora da Universidade Nacional de Educación a Distancia e directora xeral da FUHEM.[2] Colabora habitualmente con diversos medios de comunicación como eldiario.es.[3]

ObraEditar

A investigación de Yayo Herrero céntrase na crise ecolóxica actual derivada do modelo de desenvolvemento e produción capitalista. Neste sentido, sostén que o propio capitalismo non pode existir sen que exista crecemento económico, pero que nun mundo físico que ten límites, un crecemento indefinido é imposible.[4] Ademais, sostén que neste modelo económico prímanse traballos superfluos, mentres que os traballos que fan posible o mantemento da vida humana, como a produción agrícola ou o traballo reprodutivo, están completamente precarizados ou directamente excluídos de toda remuneración.[5]

Desta maneira, propón unha transición cara a un modelo económico diferente, que teña en conta a inclusión social de todas as persoas e sexa compatible coa capacidade de rexeneración da natureza.[6]

NotasEditar

  1. Las ocho mujeres más influyentes en la protección del medio ambiente en España. La Vanguardia. 25 de maio de 2016.
  2. Cambio en la Dirección General de FUHEM. Arquivado 20 de decembro de 2016 en Wayback Machine. 2012.
  3. Eldiario.es. Autores – Yayo Herrero.
  4. Herrero, Yayo (2016). Ecologismo: una cuestión de límites. Encrucijadas. Revista crítica de Ciencias Sociales.
  5. Herrero, Yayo (2014). Producir y trabajar para mantener la vida humana. Viento Sur.
  6. Herrero, Yayo. (2013): "Propuestas ecofeministas para transitar a un mundo justo y sostenible" Curso de Verano - Transiciones a la sustentabilidad: alternativas socioecológicas.

Véxase taménEditar