Yamaha Corporation

Yamaha Corporation (ヤマハ株式会社 Yamaha Kabushiki gaisha?, /ˈjɑːmɒˌhɑː/; ja) pronuncia en xaponés: [jamaha] é unha compañía xaponesa fabricante de instrumentos musicais e equipos de son.

Yamaha Corporation


Nome curtoYamaha Editar o valor en Wikidata
Tipoempresa de fabricação de instrumentos musicais (pt) Traducir, empresa de capital aberto e organización Editar o valor en Wikidata
Forma xurídicaKabushiki gaisha e sociedade por accións Editar o valor en Wikidata
Personalidades
Fundador/aTorakusu Yamaha (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Presidente/aTakuya Nakata (en) Traducir (2013-2024)
Mitsuru Umemura (en) Traducir (2007-2013)
Shūji Itō (en) Traducir (2000-2007)
Kazukiyo Ishimura (en) Traducir (1997-2000)
Seisuke Ueshima (en) Traducir (1992-1997)
Hiroshi Kawakami (en) Traducir (1987-1992) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Industriaindustria musical, Indústria de maquinaria (pt) Traducir e industria do automóbil Editar o valor en Wikidata
Entidades
Economía
Bolsa de valoresBolsa de Toquio Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación1987 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Nippon Gakki (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 34°42′39″N 137°43′34″L / 34.71089, 137.72619
LocalizaciónHamamatsu Editar o valor en Wikidata
SedeNaka-ku (en) Traducir e Xapón Editar o valor en Wikidata
Lugar de formaciónHamamatsu Editar o valor en Wikidata
Premios
Contacto
Páxina WEBjp.yamaha.com Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: YamahaMusicGlobal Instagram: yamahamusicglobal LinkedIn: yamaha-corporation Youtube: UCG_GruQL_aP3QrS_zJQf7Kg Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

É un dos compoñentes do Nikkei 225 e é a maior empresa de fabricación de instrumentos musicais do mundo.[1]

Historia

editar

Fundada en 1887 por Torakusu Yamaha como Nippon Gakki Company, Limited, a empresa comezou fabricando pianos e harmonios, e fabricou o primeiro piano feito no Xapón.[2] Ao longo do tempo, Yamaha diversificou a súa produción para incluír moitos outros tipos de instrumentos musicais, incluíndo trompas, ademais de equipos electrónicos e tecnoloxía diversa.

Tamén é recoñecida pola súa contribución á educación musical a través da súa rede global de escolas de música.

Compañía de motor

editar

Ademais dos instrumentos musicais, Yamaha Motor Company, unha empresa derivada en 1955, converteuse nun dos líderes mundiais na fabricación de motocicletas, motores de vehículos mariños, e outros vehículos motorizados.

Imaxe corporativa

editar

O logotipo de Yamaha Corporation incorpora un diapasón desde 1898. Nesa primeira versión era levado no peteiro por un ave fénix. Desde 1916, o logo consta de tres diapasóns entrecruzados que representan a conexión e a harmonía entre a tecnoloxía, a produción e as vendas, que son os tres pilares da filosofía empresarial de Yamaha, segundo indican na súa páxina web oficial.[3]

 
Torakusu Yamaha, fundador de Yamaha Corporation
 
O edificio Yamaha Ginza de Tokio é a maior tenda de instrumentos musicais de Xapón. O complexo inclúe unha zona comercial, sala de concertos e estudo de música.

Produtos

editar

Yamaha expandiuse a moitos negocios e grupos de produtos diversos. A primeira aventura en cada categoría principal está listada a continuación.

Notas

  1. Fosler-Lussier, Danielle (2020-06-10). Music on the Move (en inglés). University of Michigan Press. ISBN 978-0-472-90128-9. 
  2. "History". www.yamaha.com (en inglés). Consultado o 12 de outubro de 2024. 
  3. "Logo". yamaha.com. 

Véxase tamén

editar