Casa de Xuntas de Gernika

(Redirección desde «Xuntas de Gernika»)

Coordenadas: 43°18′47″N 2°40′47″O / 43.31306, -2.67972

A Casa de Xuntas de Gernika (en éuscaro: Gernikako Batzarretxea) é un conxunto monumental con significación política que se sitúa na vila de Gernika-Lumo, en Biscaia, no País Vasco. O corazón do conxunto é a Árbore de Gernika, un carballo baixo o cal se celebraban as Xuntas do Señorío de Biscaia, e o edificio anexo que en tempos foi a igrexa de Santa María A Antiga.

A árbore de Gernika é o símbolo das liberdades vascas (biscaínas).

Na actualidade é a sede das Xuntas Xerais de Biscaia, máximo órgano institucional da provincia, e está declarado Ben de Interese Cultural coa categoría de monumento.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar