Xudite de Baviera
Xudite de Baviera, nada sobre o 805, morta o 19 de abril do 843, foi emperatriz carolinxia, esposa de Luís o Piadoso. Era filla do nobre Welf I señor de Altdorf e Ravensburg en Baviera[1].
Xudite de Baviera | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 797 |
Falecemento | 19 de abril de 843 |
Lugar de falecemento | Tours |
Soterrada | Centro |
Ocupación | monarca |
Pai | Guelfo I de Altdorf |
Nai | Hedwig |
Cónxuxe | Luís I o Piadoso |
Fillos | Carlos II o Calvo e Xisela (filla de Luís o Piadoso) |
Irmáns | Rudolph, Conrado I de Borgoña e Emma da Baviera |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
O febreiro do 819, un ano despois da morte de Ermengarda de Hesbaye, casou con Luís o Piadoso en Aquisgrán. Foi a nai de:
- Xisela: (819/822 - 874), casada con Eberardo de Friúl (da familia dos Unróquidas).
- Carlos o Calvo (Carlos II de Francia o Calvo) (823-877), rei de Francia (840-877), emperador (875-877) casado con Ermentruda de Orleáns (dos alxilolfingos) e despois con Riquilda (dos bosónidas).
Exerceu grande influencia no emperador, que a partir do 822 empezouse a distanciar dalgúns dos seus conselleiros. Ao nacemento do fillo Carlos, o repartimento do imperio tal como estaba establecido entre os tres fillos varóns de Ermengarda de Hesbaye (Lotario, Pipino e Luís) quedou en cuestión, e Xudite vai facer presión para que o seu fillo estivese incluído. O 829 Luís establecía un novo repartimento, provocando a rebelión de Lotario.
A situación empeorou o 833 e Luís foi deposto polos seus fillos, collendo o poder Lotario e procedeuse a un novo repartimento. Xudite foi desterrada a un convento a Tortona en Italia[2]
En abril do 834 Xudite puido volver, logo da derrota e fuxida de Lotario e Luís foi restablecido no poder.[3] Desde a morte do seu marido en 840, seguiu nas loitas ao seu fillo Carlos.
Morreu o 19 de abril do 843, tres anos despois do seu marido.
NotasEditar
- ↑ Xenealoxía de Xudite
- ↑ Léon Vanderkindere, La Formation territoriale des principautés belges au Moyen Âge, editado por H. Lamertin, Bruxel·lles 1902, reeditado 1981
- ↑ Jean Moeller, Précis do histoire leva Moyen Âge, Vanlinthout et Vandezande, Louvain, 1841