Xuízo de Rivonia

proceso xudicial en Suráfrica

O xuízo de Rivonia foi un xuízo que se desenvolveu en Suráfrica entre 1963 e 1964, no cal dez líderes do Congreso Nacional Africano foron xulgados por 221 actos de sabotaxes dirixidos a derrocar o sistema vixente de disgregación racial coñecido mundialmente como apartheid.

Orixes editar

Rivonia é o nome dunha zona residencial de Xohanesburgo, onde se atopa Liliesleaf Farm, propiedade de Arthur Goldreich, lugar onde, o 11 de xullo de 1963, 19 líderes do Congreso Nacional Africano foron arrestados. O lugar fora utilizado como gorida polos membros do partido. Entre outros, Nelson Mandela trasladouse á granxa en outubro de 1961 evadindo á policía facéndose pasar por un cociñeiro e xardineiro chamado David Motsamayi.

Proceso editar

O xuízo foi principalmente un mecanismo a través do cal o goberno do apartheid puido danar e silenciar ó CNA. Os seus líderes, incluíndo Nelson Mandela, o cal xa estaba nunha prisión de 'Johannesbourg's Fort' cunha sentenza de cinco anos por incitar ós traballadores á folga e por saír do país ilegalmente, foi xulgado, declarado culpable e encarcerado. O ataque do réxime do apartheid contra os líderes e organizadores do CNA continuou con outro xuízo coñecido como Pequeno Proceso de Rivonia, no cal os membros do CNA foron xulgados polas súas actividades antiapartheid. Entre os acusados neste xuízo estaba o xefe do MK, Wilton Mkwayi quen foi sentenciado a cadea perpetua xunto con Mandela e outros líderes do partido en Robben Island.

O goberno tomou vantaxe mantendo ós acusados 90 días incomunicados mentres comezaba o xuízo. Mentres tanto, Goldreich e Wolpe subornaron a un garda e escaparon do cárcere o 11 de agosto. A súa fuga anoxou ós fiscais e á policía.

Os avogados non puideron ver ós acusados até dous días antes de que comezase o xuízo, o 9 de outubro. Liderando ós avogados defensores atopábase Bram Fischer, un distinguido avogado afrikaans, asistido por Harry Schwarz, Joel Joffe, Arthur Chaskalson, George Bizos e Harold Hanson. A finais de outubro, Hepple puido abandonar o banco dos acusados tras aceptar testificar a prol da acusación, algo que nunca fixo xa que logrou fuxir do país.

O xuízo empezou o 26 de novembro de 1963. Trala desestimación da primeira acusación, o xuízo empezou finalmente o día 3 de decembro cunha acusación ampliada. Cada un do dez acusados declaráronse non culpables. O xuízo rematou o 12 de xuño de 1964.

Resultado editar

Nun principio, solicitouse a pena de morte, pero finalmente foi cambiado debido ás protestas internacionais e debido tamén a hábiles manobras legais da defensa. Harold Hanson foi chamado a discutir na mitigación. El comparou a loita de África polos dereitos coa loita dos afrikaans tempo antes, citando precedentes para rebaixar a sentenza, mesmo en casos de traizón. Oito acusados foron sentenciados a cadea perpetua; Lionel Bernstein foi absolto.

Denis Goldberg foi á Prisión Central de Pretoria no canto da a de Robben Island (naquel momento a única cun á de seguridade por prisioneiros políticos brancos en Suráfrica) onde permaneceu 22 anos.

Nelson Mandela pasaría preto de trinta anos no cárcere como resultado do proceso. Foi liberado o 11 de febreiro de 1990 polo entón presidente F. W. de Klerk.

Arrestados editar

Os arrestados entre outros foron:

Goldberg, Bernstein, Hepple, Wolpe e Goldreich eran xudeus brancos, Kathrada e Nair eran indios e Sisulu, Mbeki, Motsoaledi e Mhlaba eran negros xosa, aínda que o pai de Sisulu era un maxistrado europeo chamado Victor Dickenson.[1]

Notas editar