Abrir o menú principal

Xosé Ramón Pena

escritor galego
(Redirixido desde "Xosé Ramón Pena Sánchez")

Xosé Ramón Pena Sánchez, nado en Betanzos o 27 de setembro de 1956, é un profesor e escritor en lingua galega.

Xosé Ramón Pena
Xosé Ramón Pena profesor.jpg
Nacemento27 de setembro de 1956
 Betanzos
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor
XénerosNarrativa e ensaio
EstudosFiloloxía Hispánica e galego portuguesa
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Pasou a infancia e mocidade na Coruña. Licenciado[1] en filoloxía hispánica e galego-portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela, pola que é doutor en Filoloxía. Foi membro do colectivo Alén. Profesor na Universidade de Vigo e mais na de California (Santa Barbara), traballou como catedrático de lingua e literatura galega no IES Santa Irene de Vigo[2] ata a súa xubilación. Tamén impartiu aulas na UNED.

O seu labor ocupou os espazos da investigación na historia da literatura galega, na narrativa e no xornalismo. Dentro do primeiro deles, especializouse nos campos da literatura medieval e das vangardas galegas[3], estudando e editando a obra de Ramón Cabanillas, Amado Carballo ou Manuel Antonio. É autor de títulos como Manuel Antonio e a vangarda, Xograres do mar de Vigo, Historia da literatura medieval galego-portuguesa, Historia da Literatura Galega (da que se levan publicado 4 volumes) ou -con Manuel Forcadela- Estudos sobre Os Eoas de Eduardo Pondal. Así mesmo levou a cabo o estudo e edición de Na noite estrelecida, Da Terra asoballada, A esmorga e No desterro. Con Xosé María Dobarro realizou a edición da Poesía galega completa (2009) de Ramón Cabanillas.

Gañou o Premio Xerais (1987), o Premio Losada Diéguez (1988), o Premio Fervenzas Literarias (2015) e o Premio da Crítica Galicia (Investigación, 2015). Colaborou en xornais e revistas, e mantivo unha columna semanal no xornal Faro de Vigo no cal dirixiu, ademais, o suplemento cultural semanal "Faro da Cultura". Foi director da colección Biblioteca das Letras Galegas de Edicións Xerais.

ObraEditar

NarrativaEditar

EnsaioEditar

EdiciónsEditar

Obras colectivasEditar

PremiosEditar

NotasEditar

  1. "Xosé Ramón Pena". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-03-17. 
  2. "Xosé Ramón Pena". www.aelg.gal. Consultado o 2019-03-17. 
  3. "autor/a A. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-03-17. 
  4. "Fado de princesa". Editorial Galaxia. Consultado o 17-3-2019. 
  5. "«A batalla do paraíso triste», crítica en «Protexta». Blog Xerais". blog.xerais.gal. Consultado o 17-3-2019. 
  6. Nicolás, Ramón (16-12-2012). "Como en Alxeria, de Xosé Ramón Pena". Caderno da crítica. Consultado o 17-3-2019. 
  7. "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 17-3-2019. 
  8. "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 17-3-2019. 
  9. "Ficha de libro. Editorial Xerais". xerais.gal. Consultado o 17-3-2019. 
  10. "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 17-3-2019. 
  11. "Martín Codax e os xograres do mar de Vigo". casadellibro (en castelán). 9-11-2017. Consultado o 17-3-2019. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar