José María García Leira
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2020.) |
José María García Leira, nado o 28 de novembro de 1934 en Vilalba, é un político galego.
José María García Leira | |
---|---|
Nome completo | José María García Leira |
Nacemento | 28 de novembro de 1934 |
Lugar de nacemento | Vilalba |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela e Universidade Complutense de Madrid |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Cursou os seus primeiros estudos en Vilalba. Fixo o bacharelato no Colexio dos Xesuítas de Vigo. O primeiro curso de Dereito fíxoo na Universidade de Santiago de Compostela en 1952, e os restantes na Universidade Complutense de Madrid. Xestor administrativo por oposición, en 1963 abriu un despacho profesional en Vilalba. Por esta mesma época obtivo os títulos de Axente de Propiedade Inmobiliaria, Corredor de Seguros e Administrador de Leiras. Obtén o título de profesor e director de autoescola e complementa a súa actividade empresarial dirixindo escolas de ensinanza de condutores en Vilalba e Muimenta - Cospeito. Foi presidente e cofundador da Masa Coral Vilalbesa, cofundador e membro redactor do regulamento do Centro Cultural Recreativo; socio fundador da Sociedade Deportiva A Conexeira; cofundador dos Pepes de Vilalba; membro do Padroado Hospital Asilo etc. Exerceu como xuíz municipal de Vilalba de 1968 a 1978.
Carreira política Editar
A súa carreira política iniciouse nas primeiras eleccións municipais de 1979, sendo candidato á alcaldía por Alianza Popular e saíndo elixido por maioría absoluta. Ao cargo de alcalde preséntase novamente entre 1983 e 1987, obtendo novamente maioría absoluta. Ao longo do seu período na alcaldía, destacan como actuacións máis sobresalientes: a construción da praia fluvial, a construción do polígono industrial, a Casa da Cultura, o Centro da Terceira Idade, o Centro Social, a Praza da Constitución, a Praza do Mercado, tres grupos escolares en parroquias de Vilalba, posta en marcha do Conservatorio de Música de Vilalba, creación da Banda Municipal de Música, creación da posta da Cruz Vermella de Vilalba e máis de trinta pontes e trescentos quilómetros de pistas, entre outras actuacións.
Simultaneamente co cargo de Alcalde, formou parte da Deputación Provincial de Lugo, representando ao Partido Xudicial de Vilalba, sendo vicepresidente 1º desa Corporación Provincial desde 1983 a 1990. Nese ano cesou como alcalde e como vicepresidente da Deputación, ao ser elixido deputado do Parlamento de Galicia e ser elixido vicepresidente 1º da institución. Volveu saír reelixido en 1993. En 1997 foi elixido presidente do Parlamento de Galicia. En 1999 foi elixido presidente da Conferencia de Presidentes das Asembleas Lexislativas das Rexións de Europa. Preside este órgano durante o ano 2000, momento no que se celebra en Santiago de Compostela a IV Conferencia de Presidentes. No ano 2001 foi reelixido presidente do Parlamento de Galicia, cargo que exerceu ata 2005
Predecesor: Francisco Roca Agrás |
Alcalde de Vilalba 1979 - 1990 |
Sucesor: Agustín Baamonde Díaz |
Predecesor: Vitorino Núñez |
Presidente do Parlamento de Galicia 1997–2005 |
Sucesor: Dolores Villarino |