Abrir o menú principal

Xosé Manuel Vélez Latorre, nado en Ourense en 1963, é un poeta e latinista galego.

Xosé Manuel Vélez
Nacemento1963
 Ourense
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Salamanca
Ocupaciónfilólogo
editar datos en Wikidata ]

BiografíaEditar

Estudou Filoloxía Clásica na Universidade de Salamanca e Filoloxía Xermánica na de Würtzburg (Alemaña). Actualmente exerce como profesor de lingua latina e no IES Eduardo Blanco Amor de Ourense. Tamén é crítico literario na prensa galega.

ObraEditar

Iniciou a súa obra poética con Ritos de auga (1993), gañando o II Premio de poesía Martín Codax. Este poemario continúa a liña de Gonzalo Navaza en Fábrica íntima, de continuas referencias ao mundo greco-latino e de forte presenza da metaliteratura, referencias continuas e citas explícitas.

En Contra saudade (1996) (Premio Miguel González Garcés), o seu segundo poemario, fai unha reflexión sobre a saudade.

En xeral a súa poesía caracterízase polo cultismo, a narratividade, o distanciamiento entre autor e voz poética, os xogos irónicos e o simbolismo.

Véxase taménEditar