Xosé Lois Parente

avogado, farmacéutico e escritor galego
(Redirección desde «Xosé Luís Parente»)

José Luis Parente del Riego, coñecido como Xosé Lois Parente, nado en Maceda o 17 de febreiro de 1903 e finado en Ourense o 3 de maio de 1948,[1] foi un farmacéutico, avogado e poeta galego que Ricardo Carballo Calero encadra nos Tempos do Seminario de Estudos Galegos.[2]

Infotaula de personaXosé Lois Parente

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de febreiro de 1903 Editar o valor em Wikidata
Maceda, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de maio de 1948 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfarmacéutico , avogado , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Germán Parente Crespo e Eusebia del Riego del Pozo. Avogado, xefe de telégrafos de Maceda e farmacéutico na Merca,[3] Xosé Lois Parente relacionouse cos galeguistas da primeira parte do século XX e participou en numerosas xuntanzas e mitins e impartiu conferencias.[4] Militante do Partido Galeguista, foi un dos asinantes do manifesto da Dereita Galeguista de Ourense encabezado por Vicente Risco en febreiro de 1936. Colaborou en Nós, La Región e El Pueblo Gallego.

Funcionario de Telégrafos e propietario dunha farmacia no parque de San Lázaro de Ourense, logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado concelleiro de Ourense polo gobernador civil en xullo de 1941, na corporación presidida por Eduardo Olano Fernández.[5]

Obras editar

Autor cunha carreira truncada nos seus comezos, segundo Carballo Calero, escribiu o libro de poemas bilingüe Con prisma azul (1933),[6] con prólogo de Ramón Otero Pedrayo quen distingue entre os poemas casteláns (do momento superficial) dos galegos (do tempo interior). Neste libro hai bastantes composicións en galego: de exaltación patriótica, de lirismo amoroso ou fantástico e ata unha lenda ao vello estilo.

Xosé Lois Parente foi encadrado no seu momento na escola vangardista,[7] sobre todo coa estética ultraísta de Luís Amado Carballo.[8] Porén, tal encadramento resulta hoxe bastante temerario nuns textos con limitados trazos animistas e impresionistas e mesmo algunha peza decimonónica, coma a "lenda inxenua" titulada "O paxariño loiro" ou a patriótica "Alexandro Bóveda".[9]

Vida persoal editar

Casou en Ferrol con María Luisa Brasa de la Rosa en febreiro de 1939.[10]

Notas editar

  1. "Ha muerto José Luis Parente", La Región, 4-5-1951, p. 2.
  2. Carballo Calero, Ricardo (1975). Historia da literatura galega contemporánea. Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-227-7. 
  3. "Maceda recupera la figura del poeta Xosé Lois Parente". La Voz de Galicia. Consultado o 02/04/2018. 
  4. "Conferencia de D. José Luis Parente", La Zarpa, 26-3-1935, p. 2.
  5. La Región, 19-7-1941, p. 2.
  6. Parente, Xosé Lois (1933). Con prisma azul. La Región. 
  7. Otero Pedrayo, Ramón (Director) (1974). Gran Enciclopedia Gallega 24. Silverio Cañada. 
  8. Ledo Cabido, Bieito (editor) (2002). Enciclopedia Galega Universal, 13. Editorial Ir Indo. ISBN 84-7680-301-X. 
  9. Vilavedra, Dolores (Coord.) (1995). Diccionario da literatura galega I. Galaxia. p. 432. ISBN 84-8288-019-5. 
  10. El Diario de Pontevedra, 21-2-1939, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Prol, Santiago (2006): Xosé Lois Parente, poeta e galeguista na II República. Grupo Academia Postal, ISBN 978-84-96220-54-0