Xosé Carro Otero

médico, antropólogo, docente e académico galego
(Redirección desde «Xosé Ignacio Carro Otero»)

Xosé Ignacio Carro Otero, nado en Santiago de Compostela o 31 de xullo de 1942 e finado na mesma cidade o 23 de abril de 2021, foi un médico, antropólogo, docente e académico galego, ademais de destacado investigador da historia e da arte, especialmente das compostelás.

Xosé Carro Otero
Nacemento31 de xullo de 1942
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento23 de abril de 2021
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor, médico e antropólogo
Na rede
Dialnet: 534126
editar datos en Wikidata ]

En 2022 foi Medalla de Galicia a título póstumo.[1]

Traxectoria editar

Membro dunha coñecida familia compostelá (era sobriño de Xesús Carro García e curmán de Francisco Xavier Carro Rosende) xa desde moi novo interesouse fondamente, por un lado, na bioloxía e na antropoloxía e, por outro, na arte de Compostela,[2] (antes de rematar o bacharelato xa era un especialista na catedral de Santiago, onde traballou de guía e onde levaba aos seus amigos e compañeiros a visitar o seu tellado, nunca época na que estas visitas non eran doadas).

Para perfeccionar a súa formación en antropoloxía e arqueoloxía percorreu diversos museos e institucións antropolóxicas europeas, como o Deutsch Archeologischer Institut, onde estudou a técnica antropolóxica de campo (1968-70), asistindo, entre outros, aos cursos XI Corso di Prospezioni Acheologiche no Instituto Lerici de Roma (1974) e o I Curso de Antropología Forense na Universidade Complutense, Madrid (1976).[3]

editar

Na facultade de Medicina da universidade de Santiago foi, sucesivamente, alumno interno de Anatomía e profesor de Anatomía Humana Descritiva e Topográfica, coas súas Técnicas Anatómicas. Nesta universidade licenciouse en medicina, obtendo o título de doutor pola mesma en 1971 coa tese titulada Anatomía antropológica antigua del pueblo gallego.[3]

Entre 1970 e 1973 foi profesor de Antropoloxía na facultade de Bioloxía da universidade de Santiago. Entre 1970 e 1991 foi, ademais, profesor de Bioloxía humana e de Historia da Medicina.

En 1973 foi nomeado, por oposición, profesor adxunto de Anatomía na facultade de Medicina de dita universidade, da que foi Secretario e director do Departamento de Anatomía.

Académico editar

O día 11 de xuño de 1993 ingresou na Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, ocupado a Cadeira Historia da Medicina.[3] En 2014 foi o presidente desta douta institución,[3] na que desempeñou desde o ano 1994 os cargos sucesivos de bibliotecario, vicesecretario e secretario xeral.[4] Ademais, foi Asesor Especial do Presidente da Xunta de Galicia.[3]

Foi membro correspondente das Reales Academias españolas de Medicina, de la Historia y de Bellas Artes; Académico de Mérito da portuguesa da Historia e correspondente das tamén portuguesas das Ciências e Belas-Artes, e correspondente da Academia de la Historia de la República Dominicana.

Entre outras institucións pertenceu, tamén, á Sociedad Anatómica Española, ás Sociedades portuguesas de Antropología e Etnología, de Estomatología Arqueológica, de Historia da Medicina e de Filosofía Médica.

Desde o 22 de outubro de 1967 era membro correspondente da Real Academia Galega.[5]

Liñas de investigación editar

As súas principais áreas de investigación foron a anatomía, a antropoloxía física e a historia da Medicina, materias nas que dirixiu 18 teses de licenciatura e 4 teses de doutoramento. Publicou máis de 50 artigos especializados e outros 259 —de temática médica e paramédica— en periódicos e revistas.

Realizou numerosas investigacións antropolóxicas sobre a poboación galega actual, analizando os grupos sanguíneos do sistema AB0, e os dermatóglifos palmares e dixitais.

Pronunciou cerca de 900 conferencias, en máis de 14 países, a maioría delas sobre antropoloxía, historia da medicina e hidroloxía médica.[6]

Outras actividades editar

Foi o secretario dos Comités Organizadores do VI Congreso de la Sociedad Anatómica Española e da IX da Luso-Hispano-Americana de Anatomía (1968) e do “VI Congreso das Reais Academias Nacionais de Medicina” (1999). Achegou 50 relatorios a diversos Congresos nacionais e internacionais.

Organizou 4 exposicións histórico-médicas: dúas sobre a Escola Médica Compostelá (1967 e 1968); a conmemorativa do profesor Nóvoa Santos (1983), e a conmemorativa do profesor Rodríguez Cadarso, así como unha mostra antolóxica do libro anatómico antigo (1984), e creou un Museo Médico permanente radicado en Santiago de Compostela (1975).

Foi Tenente de alcalde da cidade de Santiago (1974-75), Comisario Xacobeo (1991-93), Asesor Especial do Sr. Presidente Manuel Fraga Iribarne (1994-2005).[7]

editar

En Galicia participou en varias campañas de escavacións arqueolóxicas (necrópoles de Ropupar, Adro Vello, San Martiño de Mondoñedo, Moraime, Cova do Rei Cintolo, vila e necrópole de Medos e estación de Outeiro do Cribo).[2]

Premios distincións e condecoracións editar

Bolsas de estudos editar

  • Iniciación a la investigación (1967)
  • Fomento a la investigación” (1969)
  • Bolsa de estudos do Ministero Italiano degli Affari Esteri (1974)

Premios editar

  • Premio Gallego del Año, de El Correo Gallego, correspondente a abril de 1998.
  • Insignia de Ouro da asociación Fillos e Amigos da Estrada (1992)
  • Centolo de Ouro do Concello do Grove (1990)
  • Salmón de Ouro do Concello da Estrada.

Condecoracións editar

Españolas
  • Orden Civil de Sanidad (Encomenda)
  • Orden del Mérito Civil (Encomenda con placa)
  • Orden del Mérito Naval (Gran Cruz)[8]
Portuguesas

Principais publicacións editar

Anatomía humana e Historia da Medicina editar

  • 1982 — Seminarios de Historia de la Medicina.
  • 1884 — Prácticas de Biología Humana.
  • 1984 — Seminarios de Biología Humana.
  • 1988 — Materiais para unha Historia da Medicina Galega (2 vols.). Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade e Servizos Sociais. ISBN 978-84-453-2363-2 / ISBN 978-84-453-2361-8.

Arte editar

  • 1974 — Museo de Arte Sacro del Momasterio de San Pelayo de Antealtares.
  • 1976 — Guìa de Santiago de Compostela.
  • 1993 — Boente. Xunta de Galicia / Casa de Galicia. ISBN 84-453-0704-5.
  • 1997 — Santiago de Compostela. León: Editorial Everest. ISBN 84-241-3625-X.
  • 2012 — Cátredra 'Jorge Juan'. Ciclo de conferencias: curso 2010-2011. A Coruña: Universidade da Coruña. ISBN 84-9749-532-5.

Vida persoal editar

Atopárono morto na súa casa da rúa do Penedo (Conxo), aparentemente de causas naturais.

Notas editar

  1. Galicia, Xunta de (15 de xullo de 2022). "DECRETO 128/2022, do 14 de xullo, polo que se concede a Medalla de Galicia na súa categoría de ouro". Diario Oficial de Galicia (135): 40072. 
  2. 2,0 2,1 "Carro Otero, José Ignacio", na Gran Enciclopedia Gallega, volume 5, p. 119. Santiago / Gijón: Silverio Cañada, Editor. ISBN 84-7286-040-10.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Biografía Arquivado 25 de maio de 2014 en Wayback Machine. na web da RAMCG.
  4. José Ignacio Carro Otero, hoy en los martes de 'La Rosaleda' Diario Atlántico (Vigo), 16/04/2013.
  5. Membros da Academia Arquivado 20 de xuño de 2014 en Wayback Machine.. RAG.
  6. El doctor José Ignacio Carro Otero imparte hoy en la Capilla Real del Hostal dos Reis Católicos, en Santiago, una conferencia titulada 'Información médica contenida en el Liber Sancti Iacobi o Códice Calixtino'. Diario La Región (Ourense), 16/04/2013.
  7. Varela, Gonzalo Carro. "Medalla de Galicia para o Dr. Carro, meu pai". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2022-07-24. 
  8. "José Carro Otero recibe en Marín la Gran Cruz del Mérito Naval". 20 febreiro 2010. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2018. Consultado o 12 abril 2018. 
  9. 9,0 9,1 Presidência de Portugal. Ordens Honoríficas Portuguesas.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar