Xosé Francisco Ferreiro Abelleira

político galego

Xosé Francisco Ferreiro Abelleira, nado na Coruña o 20 de marzo de 1952, é un político galego do Bloque Nacionalista Galego.

Xosé Francisco Ferreiro Abelleira
Nacemento20 de marzo de 1952
Lugar de nacementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Doutor en Dereito pola USC e Graduado Social. Iniciou a súa actividade política en Santiago de Compostela coincidindo coa reforma asistencial e laboral no Sanatorio Psiquiátrico de Conxo, nas loitas deste centro entre 1973 e 1978. Exerceu como profesor de Formación Profesional en Prácticas Sanitarias e foi ATS no centro de saúde do Irixo. Foi tenente-alcalde do Carballiño. Foi membro do Consello Nacional do BNG e responsable da Comisión de Sanidade e Emigración. Foi elixido deputado por Ourense nas eleccións autonómicas de 1997 e 2001. Foi Delegado Provincial de Vicepresidencia en Ourense.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar