Xosé Estévez
Xosé Estévez Rodríguez, nado en Quiroga o 29 de agosto de 1943, é un historiador galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Xosé Estévez Rodríguez 29 de agosto de 1943 (81 anos) Quiroga, España |
Residencia | Oiartzun |
Formación profesional | Estudos Eclesiáticos, Filosofía e Letras |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | historiador |
Empregador | Universidade de Deusto Nazaret Fundazioa |
Xénero artístico | Ensaio |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarDiplomado en Estudos Eclesiásticos, Seminario Maior Diocesano de Lugo, licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid en 1973, e doutor en Historia pola Universidade de Deusto, en 1990.
Primeiro foi crego, un crego atípico, moi lembrado pola banda da Fonsagrada, que non cobraba nos enterros e participaba como un veciño máis en todos os traballos comunais. Secularizouse e fíxose historiador. Máximo especialista en Galeusca.[1]
Trasladouse en 1973 ao País Vasco segundo as súas sus propias palabras "pola agradable chaamada do amor e o duro imperativo do traballo". Tivo dous fillos, e unha filla falecida en 2006.[2]
Profesor na Universidade de Deusto, Campus de Donostia, de Historia Moderna desde 1973, de Historia Moderna e Contemporánea do País Vasco desde 1993, de Nacionalismos e Rexionalismos desde 1995, de Sociedade e Cultura na España Contemporánea desde 1999 e de Historia da España Actual tamén desde 1999 ata a súa xubilación. Tamén exerceu a docencia como profesor titular de FP-2 e de Bacharel LOGSE no Centro Nazaret, da Fundación Kutxa.[3]
Socio de número da Real Sociedade Bascongada de Amigos do País, desde 1987, colaborador da Gran Enciclopedia Ilustrada do País Vasco e dos periódicos Deia, Gara e A Nosa Terra.
Grande amigo de Manuel María, publicou un estudo sobre a súa relación con Euskal Erria.[4]
En 2017 foi o duodécimo Premio Galiza Mártir.[5]
Obra en galego
editarEnsaio
editar- Impenitencias Galeuzcanas (1992). Ediciós do Castro.
- Manuel Martínez Murguía. De estirpe vasca e berce do nacionalismo galego/Manuel Martinez Murguia. Euskal jatorrikoa eta Galiziako Abertzaletasunaren Aintzindari (2000). Gipuzkoako Foru Aldundia, Kultura, Euskara, Gazteria eta Kirol Departamentua. En galego e éuscaro.
- Castelao e o Galeuzca (2002). Laiovento.
- A Lagoa da memoria (2002). Trintxerpe. Guipúscoa: Fato Cultural Galego Daniel Castelao.
- Un crego atípico na Fonsagrada 1967-69 (2014). Museo da Fonsagrada.
- Da Galiza ao Galeusca. Memorias dun nacionalista e investigacións sobre as relacións entre Galiza, Euskadi e Catalunya (2020). Instituto Galego de Historia, Monografías.[6]
- O Val de Quiroga e Galiza na saudade do corazón (2020).[7]
- A presenza de Castelao en Euskadi (2021). Noia: Toxosoutos. 303 páxs. ISBN 978-84-123409-7-6
Obras colectivas
editar- Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación (2009) Fundación Manuel María.
Obra en castelán
editarEnsaio
editar- Cultura Vasca (I) (1977).
- Euskal Herría. Historia y Sociedad (1985).
- Historia del País Vasco (Siglo XVIII) (1985).
- La Autodeterminación de los Pueblos. Un reto para Euskadi y Europa (1985).
- Leizaola, la lealtad del viejo roble (1989).
- De la Triple Alianza al Pacto de San Sebastián (1923-1930). Antecedentes del Galeuzca (1991). Universidade de Deusto = Deustuko Unibertsitatea, Servizo de Publicacións = Argitalpen Zerbitzua
- Antología del Galeuzca en el exilio (1939-1960) (1992).
- El Nacionalismo Vasco y los Congresos de Minorías nacionales de la Sociedad de Naciones (1916-1936) (1992).
- Ideología y Nacionalismo (1992).
- El Pueblo Vasco en el Renacimiento (1491-1521) (1994).
- Galeuzca (1994).
- Ehun Urte Euskal Herrian. Desarrollo nacional y social en el Siglo XX (1995).
- Historia de Euskal Herria. II. Del hierro al roble (1996).
- Las Juntas Generales de Gipuzko, (1996).
- Negociar (2000).
- El Contexto histórico-estructural de El Quijote (2005). Universidade de Deusto = Deustuko Unibertsitatea, Servizo de Publicacións = Argitalpen Zerbitzua.
- Galeuzca. La periferia contra el páramo (Nabarralde, 2023).[8]
Obra en éuscaro
editarEnsaio
editar- Galiziako Historia (Finisterreko oroimena) (1994) Gaiak, D.L.
Notas
editar- ↑ Souto, Xurxo (2020/07/17). "Volver a Quiroga". Nós Diario.
- ↑ "Xoxe Estévez: “Este país me ha enseñado el valor de la identidad originaria y adoptiva". eh11kolore (en castelán). 26 de decembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2016.
- ↑ "Xosé Estévez Rodríguez Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2020-07-17.
- ↑ Estévez, Xosé. "Manuel María e Euskal Herria". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2020. Consultado o 17 de xullo de 2020.
- ↑ "El investigador Xosé Estévez Rodríguez recibirá el Premio Galiza Mártir". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-08-14. Consultado o 2020-07-17.
- ↑ "“Da Galiza ao Galeuzca”. Novo libro de Xosé Estévez". www.revistamurguia.com. 2020-07-09. Consultado o 2020-07-17.
- ↑ XMF (2020-07-16). "Dobre presentación literaria de Xosé Estévez como homenaxe a Quiroga e a Galiza". Xornal de Lemos. Consultado o 2020-07-17.
- ↑ Harri X. Fernández (19 de maio de 2023). "“Si vascos, catalanes y gallegos se hubiesen unido a la caída del franquismo, se habría logrado un Estado confederal”". Nabarralde (en castelán).